domingo, 26 de abril de 2026

ACTIVIDADE XOGADE: PICKLEBALL

 O 20 e o 22 de abril viñeron Pepe e Elsa da Federación de tenis a promocionar un novo deporte chamado PICKLEBALL co alumnado de 5º e 6º curso de Primaria.

Foron unhas sesións moi divertidas!

Grazas por vir e esperemos que sexa o comezo de algo grande!









SAÍMOS NA PRENSA POLO DEFR26!

 










xoves, 16 de abril de 2026

GRAN DÍA DE CELEBRACIÓN DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2026


Fantástico día na Infesta  co gallo da Celebración do DEFR 26.

Este ano tivemos como convidados á Asociación "BICOS DE PAPEL" de axuda a nenos/nenas pacientes oncolóxicos. Puxeron un stand de información e venta para este fin. Esperemos que recaudaran moito para esta labor tan importante que fan. Grazas.
Tamén participou o CLUB BALONMÁN CIDADE DAS BURGAS que está empezando no noso cole e fixo unha Gymkana cos alumnos/as.
Pasámolo moi ben!!
O alumnado estivo fantástico nas súas actuacións que foron todas de dez!!! 
Ademais, algúns deles fixeron unha demostración de acrobacias que nos deixaron coa boca aberta, foi o caso de Aldara e Valeria de 6º e Mauro de 4º.
Grazas tamén ó profesorado por acompañar e axudar en todo...á Asociación San Breixo que sempre teñen todo preparado, a herba cortada, o aparcamento señalizado.... unha marabilla!!
E por último, ó público tan necesario para que un evento funcione.
Espero que disfrutárades moito!! 












xoves, 26 de marzo de 2026

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2026


O  vindeiro 16 de abril, o noso cole participa por quinta vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia  para dar visibilidade a esta materia.

Este ano o lema é “MOVENDO CORPOS, CONECTANDO MENTES: A EF NUN MUNDO ATRAVESADO POLA TECNOLOXÍA”. 

Non é un slogan, é unha declaración educativa. Nunha sociedade onde o movemento grávase, compártese e compárase constantemente, a EF ten a responsabilidade de ofrecer un espazo seguro onde o alumnado poida comprender o seu corpo sen presións externas. O  #DEFR2026 convídanos a mostrar como a EF ensina a usar a tecnoloxía con criterio e a distinguir entre prácticas saudables e discursos baleiros, construíndo unha relación máis consciente coa actividade física. Sacar a EF á rúa e reivindicar que o movemento segue sendo unha experiencia humana, social e educativa tamén na era dixital. 

Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 11:30h.

Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo, xuntándonos na Infesta onde terá lugar o acto (coreografías, xogos, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.

O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.

MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 11:30H NA INFESTA!!!



ACTIVIDADE XOGADE: PUMP-TRACK EN MONTERREI

 O 25 de marzo os alumnos/as de 4º curso de Primaria foron convidados a unha actividade de PUMP-TRACK  polo programa Xogade.

A escola Maese Riders tiña todo preparado para pasar unha mañá fantástica.

Ó principio costou un pouquiño pero logo pasámolo xenial dando voltas polo circuito.

Sen dúbida unha actividade  inesquecible!!!!

Grazas a Antonio e a Rosa polo seu traballo e dedicación!

QUEREMOS MÁIS.....






xoves, 12 de marzo de 2026

VISITA CLUB BALONMÁM CIDADE DAS BURGAS.

 Do 23 ó 27 de febreiro veu Pepe, en representación do CLUB BALONMÁN "CIDADE DAS BURGAS" de OURENSE a darnos unhas sesións sobre o seu deporte.

Foi moi interesante e divertido.

O alumnado pasouno fenomenal.

Aquí vos deixamos un vídeo cos mellores momentos.

Grazas e ata pronto!









mércores, 4 de marzo de 2026

PROGRAMA XOGADE 2025-2026: XOGANDO AO ATLETISMO BENXAMÍN.


O 3 de marzo de 2026 fomos a Expourense de novo,  a realizar a actividade "XOGANDO AO ATLETISMO",esta vez categoría Benxamín.

Foron os alumnos/as de 2º  de Primaria que levaban moitas gañas e o fixeron xenial!

Que bos momentos pasamos cos nosos compañeiros e compañeiras!