luns, 22 de xuño de 2026
ACROSPORT NA CLASE
Os últimos días de curso traballamos ACROSPORT na clase, unha disciplina que consiste en facer figuras artísticas.
Déixovos algúns exemplos do ben co fixeron!!!
domingo, 21 de xuño de 2026
PROGRAMA XOGADE 2025-2026: COPA XOGADE 2026- FÚTBOL GAÉLICO-OURENSE
O 17 de xuño tivemos a sorte de acoller en Seixalbo a COPA XOGADE DE FÚTBOL GAÉLICO.
Participaron alumnos/as de tres Centros escolares, Irmáns Villar (Ourense), Saco e Arce (Toén) e Seixalbo.
Os organizadores foron Ourense Gaels.
Un total de 17 equipos mixtos participaron no torneo que se disputou en partidos de 8 min ó longo de toda a mañá.
Un día diferente, de convivencia e disfrute dun deporte algo descoñecido pero moi divertido e dinámico.
Encantados de facer de anfitrións para este gran evento. Grazas a Juan, aos árbitros e a Mariví, a coordinadora por confiar en nós.
Grazas tamén o alumnado e profesorado de Irmáns Villar e Saco e Arce, esperamos que o pasárades moi ben!
Parabéns ao Programa Xogade por patrocinalo.
Por moitas veces máis!!!
EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5º DE PRIMARIA Á ILLA DE AROUSA
Fantástico día o 15 de xuño na Illa de Arousa facendo KAYAK coa empresa "Piragüilla", cando chegamos, o día estaba fresco e aproveitaron para facer xogos e logo ás 12h fixemos a actividade no mar. Un paseo espectacular.
Aínda deu tempo de darse un chapuzón, comer e tomar un xeado.
Para repetir...





















