luns, 27 de novembro de 2023

PROGRAMA XOGADE 2023-2024: CROSS EN MONTERREY



 Os alumnos/as de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron na fase previa de Cross en Monterrey (Pereiro de Aguiar) os días 14 e 15 de novembro de 2023.

A proba foi esixente pero ó final foi unha experiencia deportiva única.

Grazas a todos por participar!!!




XOGOS DO MAGOSTO 2023

 

 Celebramos  o San Martiño cunha xornada de xogos o xoves 9 de novembro de 10:20h a 12:00h.

A actividade consistiu en 2 circuítos, un para Ed. Infantil e 1º de Primaria, e outro para 2º,3º,4º,5º e 6º de Primaria.     

Pasámolo en grande! Ó remate comemos castañas !

   Mirade o vídeo para recordalo.