E.F ADAPTADA

EXERCICIOS DOS ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE QUE SE PODEN TRABALLAR NA CASA

Queridas familias, debido á situación que estamos a vivir e a incertidume de non saber o que vai a acontecer,pensei en repasar a programación e elixir aqueles estándares que se poden traballar na casa e proporvos algúns exercicios para cada un deles. Espero que vos sexa de utilidade.
 Para vos escollín estes 10:


        1.Coñece e identifica as partes do corpo propias.

-O alumn@ toca as diferentes partes do corpo que lle dicimos: cara, tronco, brazo, perna, pé, man, orellas, ollos, nariz...

-O mesmo coas seguintes articulacións: ombreiro, xeonllo e cóbado.

- Visionado do seguinte vídeo e tratar de imitalo.




2. Realiza actividades de equilibrio estático.

Imos centrarnos na postura da árbore de ioga, o vídeo é orientativo, e podemos axudar ó alumn@ se non pode só colléndoo polos brazos.






3. Desprázase  de distintas formas variando os puntos de apoio e salta cos pés xuntos.

Desprazamentos: O alumn@ tentará facer os seguintes exercicios:Camiñar de puntas, de talóns, levantando os xeonllos, levando os pés ós glúteos, en cuadrupedia, correndo, andando rápido.



4. Salta cos pés xuntos.


Salto cos pés xuntos: Primeiro no sitio, senón pode axudámoslle colléndolle os brazos, cando o faga podemos intentar saltar dentro dun aro ou pasar unha raia que fagamos no chan saltando hacia adiante.


Neste vídeo aparecen diferentes actividades e xogos que podedes probar ou adaptar.




5. Xira sobre sí mesm@ de pé e acostado. 


-O alumn@ xira sobre sí mesmo de pé, a un lado e ó outro. Logo, rodamos deitados hacia un lado e o outro tamén. (Croqueta) No vídeo tedes algunhas ideas máis, a voltereta non a practiquedes de momento.






6. Reproduce unha estrutura rítmica sinxela.

O alumn@ tratará de repetir un ritmo sinxelo, aquí tedes un exemplo, pero podedes inventar vos máis.








7.Realiza bailes e danzas sinxelas.

O alumn@ repetirá unha coreografía, hai moitas...aquí vos deixo unha proposta.






8.Adopta hábitos alimentarios saudables.

O alumn@ distinguirá entre alimentos saudables e aqueles que non o son. Entenderá o que é unha dieta saudable e que o exercicio físico é básico para ter boa saúde. Visionade con eles este vídeo que vos pode orientar.







9. Coñece algún xogo tradicional galego.

O alumn@ debe coñecer algún xogo tradicional galego, podedes preguntar ós avós a que xogaban de pequenos.

Os xogos tradicionais forman parte do currículo de Educación Física na etapa de Educación Primaria, recollidos no BLOQUE 6: OS XOGOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS, polo que a súa posta en práctica é un fin en si mesmo. Ademais, debemos ter en conta que: 
- Contribúen á socialización. 
- Potencian a creatividade (en moitas ocasións coa elaboración dos materiais necesarios).
 - A maioría precisan de movementos que desenvolven o esquema corporal, o equilibrio, a orientación… 
 - Moitos están asociados á literatura de tradición oral.
- Poden practicarse de forma espontánea, case sen necesidade de materiais.
 - A través dos xogos populares podemos fomentar a adquisición de valores como:  a cooperación,  o traballo en equipo, o xogo limpo, a resolución de conflitos, o respecto e o recoñecemento do esforzo como medio para acadar metas.

Hai infinidade deles: o trompo, o truco ou mariola, os zancos, os aros, as tres en raia, o muíño, a petanca, a chave, a rá, a pita cega,o pano, as chapas, as cadeiras..

Neste vídeo aparecen moitos deles... a ver cántos coñecedes.



10. Practica algún xogo tradicional galego.

Propóñovos xogar ó truco ou mariola. Podedes facelo na casa con cinta de pegar no chan e xogar individualmente, este xogo nos permite repasar o salto cos pés xuntos, cando hai un aro saltaríamos cos pés xuntos e cando hai dous cos pés abertos un en cada aro.


A MARIOLA ADAPTADA
Bótase a chapa á casa nº 1 desde o semicírculo terra. Sáltase cos pés xuntos  nesta casa e nas seguintes.  Ao chegar ao semicírculo ceo hai que se virar e facer o percorrido de volta. Os xogadores deben evitar a casa na que está a chapa, non poden pisar as liñas do cadro nin saltarse ningunha casa. As casas indivuduais sáltanse cos pés xuntos, as dobres poñendo un pé en cada unha. Cando se chaga de volta á casa nº 1, o xogador ten que deitar a chapa fóra coa punta do pé. As outras casa fanse do mesmo xeito. Cada xogador continúa ata que comete un erro.




                           

Outro xogo fácil de xogar na casa é as tres en raia, mirade o vídeo se tedes dúbidas.








Ningún comentario:

Publicar un comentario