SEXTO

EXERCICIOS DOS ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE QUE SE PODEN TRABALLAR NA CASA

Queridas familias, debido á situación que estamos a vivir e a incertidume de non saber o que vai a acontecer,pensei en repasar a programación de cada curso e elixir aqueles estándares que se poden traballar na casa e proporvos algúns exercicios para cada un deles. Espero que vos sexa de utilidade.
 Para sexto escollín estes 12:

1. Realiza desprazamentos de distintos xeitos adaptando o movemento ó espazo e o tempo.

O alumn@ désprázase de distintos xeitos: á pata coxa, saltando cos pés xuntos, en cuadrupedia, correndo, andando sobre unha liña... Tedes algúns exemplos a continuación. 







2. Realiza saltos de distintos xeitos adaptando o movemento ó espazo e o tempo.

O alumn@ realiza todo tipo de saltos, aí vai unha proposta.


  

Unha das habilidades de salto que practicamos na clase é saltar á corda. Deixovos un vídeo dos erros máis comúns para que repasedes a técnica e practicades na casa se tedes oportunidade. 








3. Realiza xiros nos dous eixos corporais e nos dous sentidos intentando manter o equilibrio.


Tedes no vídeo tres exercicios que podedes adaptar e facelos na casa.




Podedes practicar a voltereta hacia adiante co seguinte vídeo.






4. Mantén o equilibrio en diferentes posicións e superficies.


 O alumn@ tentará facer as posturas de Ioga propostas mantendo cada unha delas  o maior tempo posible. Ademáis deixovos un vídeo moi divertido para traballar o equilibrio dinámico.









5. Adapta as habilidades motrices básicas de manipulación de obxectos (lanzamentos, recepcións, golpeos...) ás diferentes actividades.


Nas clases de Educación Física traballamos os lanzamentos e recepcións coa práctica de xogos predeportivos  e  exercicos variados. Para traballar en casa deixovos estes vídeos que facendo actividades lúdicas tamén nos axudan a traballar as habilidades motrices básicas doutro xeito.









6. Traballa a coordinacón.

É moi importante a coordinación para calquera práctica deportiva, neste vídeo un mestre de Educación Física propónvos uns exercicios divertidos e necesarios para a nosa forma física e mental.







7. Realiza os quecementos  de forma autónoma e sistemática.

Facer un bo quecemento é moi importante, neste vídeo explicavos moi ben por qué.




Nas clases sempre empezamos quentando ou ben cun xogo, con carreira contínua ou cun quecemento.
Agora probaremos a facer un quecemento xeral que nos sirva para comenzar calquera clase, si queres grabarte e enviarmo xenial!


8. Coñece e leva a cabo bailes e danzas seguindo unha coreografía.

O alumn@ imitará os movementos ó ritmo da música. No vídeo tedes varias coreografías enlazadas para que gozedes e o pasedes xenial!

Neste tema sodes uns expertos!







9. Recoñece os efectos beneficiosos do exercicio físico para a saúde e os perxudiciais do sedentarismo.

O obxectivo é que tomemos conciencia de que facer exercicio físico e alimentarnos ben axúdanos a ter una boa saúde. Co seguinte  vídeo podedes ampliar coñecementos.




10. Adopta hábitos posturais axeitados na súa vida cotiá  e na práctica da actividade física. 



Nas clases de Educación Física temos que estar moi pendientes da corrección postural porque as habilidades motrices pódense perfeccionar realizando adecuadamente os xestos e movementos, na casa, tamén, procurade sempre repetir os exercicios que vedes con eficiencia.
Aquí vos deixo uns consellos para empregar o ordenador que seguro que vos fai falta.







11. Identifica a capacidade física básica implicada de forma máis significativa nos exercicios : forza, resistencia, flexibilidade e velocidade.


O alumn@ debe identificar as catro capacidades físicas básicas e os seus exercicios máis importantes. Neste vídeo están explicadas as capacidades.







No seguinte vídeo veredes un circuito por parellas como os que facemos nós nas clases, visionadeo e  intentade saber qué capacidade física se traballa máis significativamente en cada exercicio. Sodes capaces?





12. Coñece, valora e realiza distintos xogos e deportes tradicionais  de Galicia.

O alumn@  debe coñecer  xogos tradicionais galegos, podedes preguntar ós avós a que xogaban de pequenos.

Os xogos tradicionais forman parte do currículo de Educación Física na etapa de Educación Primaria, recollidos no BLOQUE 6: OS XOGOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS, polo que a súa posta en práctica é un fin en si mesmo. Ademais, debemos ter en conta que: 
- Contribúen á socialización. 
- Potencian a creatividade (en moitas ocasións coa elaboración dos materiais necesarios).
 - A maioría precisan de movementos que desenvolven o esquema corporal, o equilibrio, a orientación… 
 - Moitos están asociados á literatura de tradición oral.
- Poden practicarse de forma espontánea, case sen necesidade de materiais.
 - A través dos xogos populares podemos fomentar a adquisición de valores como:  a cooperación,  o traballo en equipo, o xogo limpo, a resolución de conflitos, o respecto e o recoñecemento do esforzo como medio para acadar metas.

Hai infinidade deles: o trompo, o truco ou mariola, os zancos, os aros, as tres en raia, o muíño, a petanca, a chave, a rá, a pita cega,o pano, as chapas, as cadeiras..
No video aparece unha recopilación de xogos tradicionais.




Cáles destes xogos podemos practicar na casa? Elixe algún deles como a mariola ou as tres en raia e practica na casa.

Ademáis podedes buscar información dalgún deles e facer un pequeno traballo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario