NOTA INFORMATIVA EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2024-2025
CEIP PLURILINGÜE SEIXALBO 1º e 2º de
Educación Primaria.
Estimados
pais/nais: Diríxome a vostedes para comentarlles certos aspectos a ter en conta
para o correcto funcionamento e aproveitamento das clases. As normas a seguir
na clase de Educación Física son as seguintes:
-Traer roupa e calzado deportivo cómodo. As nenas/os
co pelo longo, deben levalo recollido.
-É obrigatorio traer un neceser ou bolsa para o
aseo que conteña unha toalla e camiseta limpa.
- Non se poderá levar ás clases: reloxos,
pulseiras, colares ou outros obxectos que poidan causar un dano ou lesión tanto
a un mesmo coma a outros/as compañeiros/as.
-É importantísimo acudir ó colexio e as clases de Educación Física habendo almorzado correctamente, para que non aparezan mareos e desmaios.
Por outra banda, para ter un mellor
coñecemento do seu fillo/a pídolles que me envíen por correo electrónico, si
fose o caso, especificando o curso e o nome do alumno/a todos aqueles aspectos
(tratamentos médicos, enfermidades, alerxias, problemas respiratorios, visuais,
auditivos...) que poidan afectar nas clases de Educación Física e que a mestra
debería saber. Se non recibo ningunha observación darei por feito que non hai
nada relevante que comentar.
Para calquera
dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto comigo no teléfono do Centro, no
meu correo maria.teresa.rodriguez.vazquez@edu.xunta.gal ou no correo
do Centro: ceip.seixalbo@edu.xunta.gal
Tamén temos un
blog onde se colgarán actividades e propostas para os nenos/as ó longo do curso
escolar, podedes acceder dentro da páxina do cole no apartado de blog de
educación física ou no enderezo oblogdemartamarra.blogspot.com
Sen máis, e agradecéndolles de antemán a súa colaboración.
Un cordial saúdo.
NOTA INFORMATIVA EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2024-2025
CEIP PLURILINGÜE SEIXALBO 3º, 4º, 5ºe 6º de Educación Primaria.
Estimados pais/nais: Diríxome a vostedes para comentarlles certos aspectos a ter en conta para o correcto funcionamento e aproveitamento das clases. As normas a seguir na clase de Educación Física son as seguintes:
-Traer roupa e calzado deportivo cómodo. As nenas/os co pelo longo, deben levalo recollido.
-É obrigatorio traer un neceser ou bolsa para o aseo que conteña unha toalla e camiseta limpa.
- Non se poderá levar ás clases: reloxos, pulseiras, colares ou outros obxectos que poidan causar un dano ou lesión tanto a un mesmo coma a outros/as compañeiros/as.
-Os alumnos/as poden ducharse, para o cal é preciso que traian a maiores xabón líquido ou xel pequeno, chanclas e unha muda. A ducha debe ser rápida(5 min) para secarse a suor e voltar ás clases. As alumnas/os co pelo longo traerán gorro de ducha para previr arrefriados no inverno.
Por outra banda, para ter un mellor coñecemento do seu fillo/a pídolles que me envíen por correo electrónico, si fose o caso, especificando o curso e o nome do alumno/a todos aqueles aspectos (tratamentos médicos, enfermidades, alerxias, problemas respiratorios, visuais, auditivos...) que poidan afectar nas clases de Educación Física e que a mestra debería saber. Se non recibo ningunha observación darei por feito que non hai nada relevante que comentar.
Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto comigo no teléfono do Centro, no meu correo martamarra@edu.xunta.gal ou no correo do Centro: ceip.seixalbo@edu.xunta.gal
Tamén temos un blog onde se colgarán actividades e propostas para os nenos/as ó longo do curso escolar, podedes acceder dentro da páxina do cole no apartado de blog de educación física ou no enderezo oblogdemartamarra.blogspot.com
Sen máis, e agradecéndolles de antemán a súa colaboración.
Un cordial saúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario