O 17 de xuño tivemos a sorte de acoller en Seixalbo a COPA XOGADE DE FÚTBOL GAÉLICO.
Participaron alumnos/as de tres Centros escolares, Irmáns Villar (Ourense), Saco e Arce (Toén) e Seixalbo.
Os organizadores foron Ourense Gaels.
Un total de 17 equipos mixtos participaron no torneo que se disputou en partidos de 8 min ó longo de toda a mañá.
Un día diferente, de convivencia e disfrute dun deporte algo descoñecido pero moi divertido e dinámico.
Encantados de facer de anfitrións para este gran evento. Grazas a Juan, aos árbitros e a Mariví, a coordinadora por confiar en nós.
Grazas tamén o alumnado e profesorado de Irmáns Villar e Saco e Arce, esperamos que o pasárades moi ben!
Parabéns ao Programa Xogade por patrocinalo.
Por moitas veces máis!!!








Ningún comentario:
Publicar un comentario