O BLOG DE MARTA MARRA
"Traballamos mellor en equipo"
luns, 22 de xuño de 2026
ACROSPORT NA CLASE
Os últimos días de curso traballamos ACROSPORT na clase, unha disciplina que consiste en facer figuras artísticas.
Déixovos algúns exemplos do ben co fixeron!!!
domingo, 21 de xuño de 2026
PROGRAMA XOGADE 2025-2026: COPA XOGADE 2026- FÚTBOL GAÉLICO-OURENSE
O 17 de xuño tivemos a sorte de acoller en Seixalbo a COPA XOGADE DE FÚTBOL GAÉLICO.
Participaron alumnos/as de tres Centros escolares, Irmáns Villar (Ourense), Saco e Arce (Toén) e Seixalbo.
Os organizadores foron Ourense Gaels.
Un total de 17 equipos mixtos participaron no torneo que se disputou en partidos de 8 min ó longo de toda a mañá.
Un día diferente, de convivencia e disfrute dun deporte algo descoñecido pero moi divertido e dinámico.
Encantados de facer de anfitrións para este gran evento. Grazas a Juan, aos árbitros e a Mariví, a coordinadora por confiar en nós.
Grazas tamén o alumnado e profesorado de Irmáns Villar e Saco e Arce, esperamos que o pasárades moi ben!
Parabéns ao Programa Xogade por patrocinalo.
Por moitas veces máis!!!
EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5º DE PRIMARIA Á ILLA DE AROUSA
Fantástico día o 15 de xuño na Illa de Arousa facendo KAYAK coa empresa "Piragüilla", cando chegamos, o día estaba fresco e aproveitaron para facer xogos e logo ás 12h fixemos a actividade no mar. Un paseo espectacular.
Aínda deu tempo de darse un chapuzón, comer e tomar un xeado.
Para repetir...
xoves, 4 de xuño de 2026
domingo, 31 de maio de 2026
PROGRAMA XOGADE 2025-2026: "COÑECE O MEU CLUB": FÚTBOL GAÉLICO
Entre o 18 e o 29 de maio viñeron os adestradores Victoria e Andrés de FÚTBOL GAÉLICO a impartir dúas sesións nos cursos de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria.
Na primeira sesión traballaron os aspectos técnicos, e na segunda aplicaron estas habilidades no xogo facendo un mini partido.
Grazas Mariví, como coordinadora e aos outros adestradores polo voso traballo.
Animádevos a apuntarvos como extraescolar no Centro o curso que ven !!!
OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES XAQUÍN LOURENZO "XOCAS" MAIO 2026
Os días 25 e 27 de maio, o alumnado de 5º de Primaria tivo dúas sesións de xogos populares con Lito.
Este ano tocou os bolos. Foi moi divertido aínda que non foi fácil acertar.
Grazas por vir un ano máis ao noso cole!!!
































