O 21 de outubro, tivemos unha visita moi especial polas clases. Gabriel, do club voleibol Ourense veu a agasallarnos cunha invitación para cada un de nós para o partido dese sábado da Superliga Femenina 2.
Ademáis tamén nos deixou unhas bufandas que decidimos sortealas o día da biblioteca, xa que estábamos todos no salón de actos.
Noraboa ós gañadores!
Grazas Gabriel pola vosa labor e esperamos vervos pronto polo noso Centro.


Ningún comentario:
Publicar un comentario