luns, 17 de abril de 2023

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2023

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2023



O  vindeiro 26 de abril, o noso cole participa por segunda vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia para facer visible o valor desta materia.

Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.

Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo xuntándonos na Infesta onde terá lugar o acto (coreografías, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.

O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.

MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA INFESTA!!!

 

mércores, 12 de abril de 2023

ACTIVIDADE PROGRAMA XOGADE 2023: PROMOCIÓN ESCALADA

 O 14 de marzo, os alumnos/as de 3º curso de Primaria, foron ó Pavillón dos Remedios a realizar unha actividade de Escalada con monitores de Asesou e patrocinada polo programa Xogade.

Gozamos moito porque foi unha actividade innovadora e motivante. Os monitores estupendos e os nenos encantados.  Grazas pola invitación!! 

Deixamos unhas cantas fotos para o recordo.