EXERCICIOS DOS ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE QUE SE PODEN TRABALLAR NA CASA
Queridas familias, debido á situación que estamos a vivir e a incertidume de non saber o que vai a acontecer,pensei en repasar a programación de cada curso e elixir aqueles estándares que se poden traballar na casa e proporvos algúns exercicios para cada un deles. Espero que vos sexa de utilidade.
Para primeiro escollín estes 10:
1.Coñece e identifica as partes do corpo propias.
-O alumn@ toca
as diferentes partes do corpo que lle dicimos: cara, tronco, brazo, perna, pé,
man, orellas, ollos, nariz...
-O mesmo coas
seguintes articulacións: ombreiro, xeonllo e cóbado.
- Visionado do seguinte vídeo e tratar de imitalo.
2. Realiza actividades de equilibrio estático.
Deixovos un vídeo con exercicios para repetir e traballar o equilibrio.
3. Desprázase e salta de distintas formas variando os puntos de apoio.
O alumn@ désprázase de distintos xeitos: á pata coxa, saltando cos pés xuntos, en cuadrupedia, correndo, andando sobre unha liña... Mirade o vídeo que pode ser unha orientación para facer estes exercicios máis divertidos.
4. Xira sobre sí mesm@ de pé e acostado.
-O alumn@ xira sobre sí mesmo de pé, a un lado e ó outro. Logo, rodamos deitados hacia un lado e o outro tamén. No vídeo tedes algunhas ideas máis.
5. Fai a voltereta.
-Practicamos a voltereta hacia adiante, no vídeo podedes aprender os pasos a seguir e as correccións.
6. Reproduce unha estrutura rítmica sinxela.
O alumn@ tratará de repetir un ritmo sinxelo, aquí tedes un exemplo, pero podedes inventar vos máis.
7.Realiza bailes e danzas sinxelas.
O alumn@ repetirá unha coreografía, hai moitas...aquí vos deixo unha proposta.
8.Adopta hábitos alimentarios saudables.
O alumn@ distinguirá entre alimentos saudables e aqueles que non o son. Entenderá o que é unha dieta saudable e que o exercicio físico é básico para ter boa saúde. Visionade con eles este vídeo que vos pode orientar.
9. Coñece algún xogo tradicional galego.
O alumn@ debe coñecer algún xogo tradicional galego, podedes preguntar ós avós a que xogaban de pequenos.
Os xogos tradicionais forman parte do currículo de Educación Física na etapa de
Educación Primaria, recollidos no BLOQUE 6: OS XOGOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS, polo
que a súa posta en práctica é un fin en si mesmo. Ademais, debemos ter en conta que:
- Contribúen á socialización.
- Potencian a creatividade (en moitas ocasións coa elaboración dos materiais necesarios).
- A maioría precisan de movementos que desenvolven o esquema corporal, o equilibrio, a
orientación…
- Moitos están asociados á literatura de tradición oral.
- Poden practicarse de forma espontánea, case sen necesidade de materiais.
- A través dos xogos populares podemos fomentar a adquisición de valores como: a cooperación, o traballo en equipo, o xogo limpo, a resolución de conflitos, o respecto e o recoñecemento do esforzo como medio para acadar metas.
Hai infinidade deles: o trompo, o truco ou mariola, os zancos, os aros, as tres en raia, o muíño, a petanca, a chave, a rá, a pita cega,o pano, as chapas, as cadeiras..
Neste vídeo aparecen moitos deles... a ver cántos coñecedes.
Propóñovos xogar ó truco ou mariola. Podedes facelo na casa con cinta de pegar no chan e xogar individualmente.
A MARIOLA
Bótase a chapa á casa nº 1 desde o semicírculo terra. Sáltase á pata coxa dereita nesta casa e nas seguintes. Ao chegar ao semicírculo ceo hai que se virar e facer o percorrido de volta coa pata coxa esquerda. Os xogadores deben evitar a casa na que está a chapa, non poden pisar as liñas do cadro nin saltarse ningunha casa. As casas indivuduais sáltanse á pata coxa, as dobres poñendo un pé en cada unha. Cando se chaga de volta á casa nº 1, o xogador ten que deitar a chapa fóra coa punta do pé. As outras casa fanse do mesmo xeito. Cada xogador continúa ata que comete un erro.
| |
Outro xogo fácil de xogar na casa é as tres en raia, mirade o vídeo se tedes dúbidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario