SEGUNDO

EXERCICIOS DOS ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE QUE SE PODEN TRABALLAR NA CASA

Queridas familias, debido á situación que estamos a vivir e a incertidume de non saber o que vai a acontecer,pensei en repasar a programación de cada curso e elixir aqueles estándares que se poden traballar na casa e proporvos algúns exercicios para cada un deles. Espero que vos sexa de utilidade.
 Para segundo escollín estes 10:


        1.Coñece e identifica as partes do corpo propias e do compañeir@.

-O alumn@ toca as diferentes partes do corpo que lle dicimos: cara, tronco, brazo, perna, pé, man, orellas, ollos, nariz...

-O mesmo coas seguintes articulacións: ombreiro, xeonllo, cóbado, pescozo, nocelo, cadeira.
-Ademáis debe recoñecer esas partes no corpo doutra persoa.

- Visionado dos seguinte vídeos, o primeiro é explicativo e o segundo  tratarán de imitalo.








2. Domina o equilibrio estático sen axuda e iníciase no equilibrio dinámico.

Deixovos un vídeo con exercicios para repetir e traballar o equilibrio.








3. Desprázase e salta de distintas formas variando os puntos de apoio, con coordinación e boa orientación espacial.


O alumn@ désprázase de distintos xeitos: á pata coxa, saltando cos pés xuntos, en cuadrupedia, correndo, andando sobre unha liña... Mirade o vídeo que pode ser unha orientación para facer estes exercicios máis divertidos.




4. Manexa obxectos coordinadamente.

O alumn@ traballará lanzamentos e recepcións dun xeito lúdico. Deixovos un pequeno exemplo con este vídeo.





5. Realiza xiros sobre o eixo lonxitudinal. Voltereta hacia adiante.


-No vídeo tedes algunhas ideas.





-Practicamos a voltereta hacia adiante, no vídeo podedes aprender os pasos a seguir e as correccións.






6. Equilibra o corpo en distintas posturas intentando controlar a tensión, a relaxación e a respiración.


Para conseguir este obxectivo o alumn@ pode practicar estes tres exercicios moi sinxelos.





7. Reproduce unha estrutura rítmica sinxela.

O alumn@ tratará de repetir un ritmo sinxelo, aquí tedes un exemplo, pero podedes inventar vos máis.






8.Realiza bailes e danzas sinxelas.

O alumn@ repetirá unha coreografía, hai moitas...aiquí vos deixo unha proposta.






9.Adopta hábitos alimentarios saudables.

O alumn@ distinguirá entre alimentos saudables e aqueles que non o son. Entenderá o que é unha dieta saudable e que o exercicio físico é básico para ter boa saúde. Visionade con eles este vídeo que vos poden orientar.







10. Coñece  e realiza distintos xogos tradicionais de Galicia seguindo as regras básicas.

O alumn@  debe coñecer algún xogo tradicional galego, podedes preguntar ós avós a que xogaban de pequenos.

Os xogos tradicionais forman parte do currículo de Educación Física na etapa de Educación Primaria, recollidos no BLOQUE 6: OS XOGOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS, polo que a súa posta en práctica é un fin en si mesmo. Ademais, debemos ter en conta que: 
- Contribúen á socialización. 
- Potencian a creatividade (en moitas ocasións coa elaboración dos materiais necesarios).
 - A maioría precisan de movementos que desenvolven o esquema corporal, o equilibrio, a orientación… 
 - Moitos están asociados á literatura de tradición oral.
- Poden practicarse de forma espontánea, case sen necesidade de materiais.
 - A través dos xogos populares podemos fomentar a adquisición de valores como:  a cooperación,  o traballo en equipo, o xogo limpo, a resolución de conflitos, o respecto e o recoñecemento do esforzo como medio para acadar metas.

Hai infinidade deles: o trompo, o truco ou mariola, os zancos, os aros, as tres en raia, o muíño, a petanca, a chave, a rá, a pita cega,o pano, as chapas, as cadeiras..

Neste vídeo veñen algúns deles, a ver si os coñecedes.



Propóñovos xogar ó truco ou mariola. Podedes facelo na casa con cinta de pegar no chan e xogar individualmente.


A MARIOLA
Bótase a chapa á casa nº 1 desde o semicírculo terra. Sáltase á pata coxa dereita nesta casa e nas seguintes.  Ao chegar ao semicírculo ceo hai que se virar e facer o percorrido de volta coa pata coxa esquerda. Os xogadores deben evitar a casa na que está a chapa, non poden pisar as liñas do cadro nin saltarse ningunha casa. As casas indivuduais sáltanse á pata coxa, as dobres poñendo un pé en cada unha. Cando se chaga de volta á casa nº 1, o xogador ten que deitar a chapa fóra coa punta do pé. As outras casa fanse do mesmo xeito. Cada xogador continúa ata que comete un erro.




                           

Outro xogo fácil de xogar na casa é as tres en raia, mirade o vídeo se tedes dúbidas.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario