3 ANOS
4 ANOS
O 7 de maio de 2026 o alumnado de 6º de Primaria foi a Castrelo de Miño a realizar a actividade "Piragüismo Dragóns".
Traballo en equipo nun entorno espectacular.
Grazas ao programa Xogade por invitarnos!
Os alumnos/as de 6º de Primaria asistiron á unha actividade de promoción do deporte de Orientación no Xestal, en Ribadavia o 29 de abril acompañaron a súa titora e o mestre de EF.
Foi unha novidade para eles e disfrutaron do día.
Gústanos moito este tipo de iniciativas.
Grazas ó Deporte Escolar por contar con nós!
O vindeiro 10 de maio terá lugar a III CARREIRA SOLIDARIA DA POLICÍA NACIONAL.
Un evento que vai moito máis aló de correr e no que
a entidade beneficiaria é a Asociación Bicos de Papel.
Dende o cole queremos mostrar o noso apoio unha
vez máis a dita asociación, polo que vos pedimos
a vosa colaboración.
Tres formas de participación:
- Carreira para adultos: 5 Km
- Carreira Infantil e Inclusiva (ata 14 anos): 1 Km
- OPCIÓN SOLIDARIA-DORSAL "0"
O prazo de inscrición remata o 5 de maio.
Lembrade que é unha asociación de apoio ás familias de
nenos enfermos oncolóxicos:
diagnóstico, tratamento, recuperación,
casa de acollida para as familias...
VEÑAAAAAAAAAAAAAAAA TOD@S A PARTICIPAR!!!
O 20 e o 22 de abril viñeron Pepe e Elsa da Federación de tenis a promocionar un novo deporte chamado PICKLEBALL co alumnado de 5º e 6º curso de Primaria.
Foron unhas sesións moi divertidas!
Grazas por vir e esperemos que sexa o comezo de algo grande!
O vindeiro 16 de abril, o noso cole participa por quinta vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia para dar visibilidade a esta materia.
Este ano o lema é “MOVENDO CORPOS, CONECTANDO MENTES: A EF NUN MUNDO ATRAVESADO POLA TECNOLOXÍA”.
Non é un slogan, é unha declaración educativa. Nunha sociedade onde o movemento grávase, compártese e compárase constantemente, a EF ten a responsabilidade de ofrecer un espazo seguro onde o alumnado poida comprender o seu corpo sen presións externas. O #DEFR2026 convídanos a mostrar como a EF ensina a usar a tecnoloxía con criterio e a distinguir entre prácticas saudables e discursos baleiros, construíndo unha relación máis consciente coa actividade física. Sacar a EF á rúa e reivindicar que o movemento segue sendo unha experiencia humana, social e educativa tamén na era dixital.
Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 11:30h.
Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo, xuntándonos na Infesta onde terá lugar o acto (coreografías, xogos, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.
O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.
MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 11:30H NA INFESTA!!!
O 25 de marzo os alumnos/as de 4º curso de Primaria foron convidados a unha actividade de PUMP-TRACK polo programa Xogade.
A escola Maese Riders tiña todo preparado para pasar unha mañá fantástica.
Ó principio costou un pouquiño pero logo pasámolo xenial dando voltas polo circuito.
Sen dúbida unha actividade inesquecible!!!!
Grazas a Antonio e a Rosa polo seu traballo e dedicación!
QUEREMOS MÁIS.....
Do 23 ó 27 de febreiro veu Pepe, en representación do CLUB BALONMÁN "CIDADE DAS BURGAS" de OURENSE a darnos unhas sesións sobre o seu deporte.
Foi moi interesante e divertido.
O alumnado pasouno fenomenal.
Aquí vos deixamos un vídeo cos mellores momentos.
Grazas e ata pronto!
O 3 de marzo de 2026 fomos a Expourense de novo, a realizar a actividade "XOGANDO AO ATLETISMO",esta vez categoría Benxamín.
Foron os alumnos/as de 2º de Primaria que levaban moitas gañas e o fixeron xenial!
Que bos momentos pasamos cos nosos compañeiros e compañeiras!
Os alumnos/as de 4º de Primaria asistiron ó 11 de decembro a actividade de "Xogando ao atletismo" categoría alevín organizado por XOGADE.
Competiron xunto a outros centros en 5 probas individuais: carreira 10x10, lanzamento de vórtex, lanzamento de balón medicinal, salto horizontal e salto lateral.
Ademáis fixeron o Grand Prix, unha carreira de relevos por equipos pola pista de atletismo.
Pasárono fenomenal!!!