EXERCICIOS DOS ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE QUE SE PODEN TRABALLAR NA CASA
Queridas familias, debido á situación que estamos a vivir e a incertidume de non saber o que vai a acontecer,pensei en repasar a programación de cada curso e elixir aqueles estándares que se poden traballar na casa e proporvos algúns exercicios para cada un deles. Espero que vos sexa de utilidade.
Para cuarto escollín estes 10:
1.Coñece os músculos e articulacións principais que participan nos movementos básicos.
s Os alumn@s xa aprenden os músculos e as articulacións en Ciencias da Natureza pero en Educación Física deben saber que participan nos movementos que facemos á cotío. O vídeo é repaso de contidos, logo tedes as articulacións e os beneficios de facer deporte.
2.Mantén o equilibrio, en diferentes posicións.
O alumn@ tentará facer as posturas de Ioga propostas mantendo cada unha delas o maior tempo posible. Ademáis deixovos un vídeo moi divertido para traballar o equilibrio dinámico.
3. Realiza desprazamentos e saltos sin perder o equilibrio e a continuidade.
O alumn@ désprázase de distintos xeitos: á pata coxa, saltando cos pés xuntos, en cuadrupedia, correndo, andando sobre unha liña... Mirade o vídeo que pode ser unha orientación para facer estes exercicios máis divertidos.
4. Realiza as habilidades motrices básicas de manipulación de obxectos. (Lanzamentos e recepcións).
O alumn@ traballará lanzamentos e recepcións dun xeito lúdico. Deixovos un pequeno exemplo con este vídeo.
5. Realiza xiros sen perder o equilibrio. Práctica da voltereta hacia adiante.
No vídeo tedes algunhas ideas.
-Practicamos a voltereta hacia adiante, no vídeo podedes repasar os pasos a seguir e as correccións.
6. Coñece e practica bailes sinxelos seguindo una coreografía.
O alumn@ imitará os movementos ó ritmo da música. No vídeo tedes varias coreografías enlazadas para que gozedes e o pasedes xenial!
7. Realiza movementos a partir de estímulos rítmicos ou musicais.
0 alumn@ realizará exercicios cunha base musical e un ritmo determinado. O seguinte vídeo é un entreno con música de fondo e levando o ritmo. Espero que vos guste e ademáis está en inglés! A moverse!
8. Coñece os efectos beneficiosos do exercicio físico para a saúde.
O obxectivo é que o alumn@ tome conciencia de que facer exercicio físico e alimentarnos ben axúdanos a ter una boa saúde. No vídeo queda moi ben explicado.
9. Adopta hábitos posturais adecuados.
Aquí vos deixo uns consellos importantes para ter unha boa hixiene postural no día a día.
Nas clases de Educación Física temos que estar moi pendientes da corrección postural tamén porque as habilidades motrices pódense perfeccionar realizando adecuadamente os xestos e movementos.
10. Recoñece e realiza xogos e deportes tradicionais de Galicia.
O alumn@ debe coñecer xogos tradicionais galegos, podedes preguntar ós avós a que xogaban de pequenos.
Os xogos tradicionais forman parte do currículo de Educación Física na etapa de Educación Primaria, recollidos no BLOQUE 6: OS XOGOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS, polo que a súa posta en práctica é un fin en si mesmo. Ademais, debemos ter en conta que:
- Contribúen á socialización.
- Potencian a creatividade (en moitas ocasións coa elaboración dos materiais necesarios).
- A maioría precisan de movementos que desenvolven o esquema corporal, o equilibrio, a orientación…
- Moitos están asociados á literatura de tradición oral.
- Poden practicarse de forma espontánea, case sen necesidade de materiais.
- A través dos xogos populares podemos fomentar a adquisición de valores como: a cooperación, o traballo en equipo, o xogo limpo, a resolución de conflitos, o respecto e o recoñecemento do esforzo como medio para acadar metas.
Hai infinidade deles: o trompo, o truco ou mariola, os zancos, os aros, as tres en raia, o muíño, a petanca, a chave, a rá, a pita cega,o pano, as chapas, as cadeiras..
No video aparece unha recopilación de xogos tradicionais.
Cáles destes xogos podemos practicar na casa? Elixe algún deles como a mariola ou as tres en raia e practica na casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario