mércores, 1 de maio de 2024
LEMBRANZAS DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2024
xoves, 25 de abril de 2024
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: DEPORTE DE ORIENTACIÓN 6º PRIMARIA
XORNADA DE INICIACIÓN AO DEPORTE DE ORIENTACIÓN 6º E.P.
O 24 de abril de 2024 os alumnos/as de 6º de E.P asistiron a unha proba de orientación en Ribadavia.
Máis concretamente na Área Recreativa A Veronza. Noraboa aos organizadores deste evento porque estivo xenial!!!
A maioría nunca tiveran contacto con este deporte e quedaron moi sorprendidos, sobre todo co plano e as pulseiras para pasar as diferentes balizas. Esperemos que o repitan máis veces e que nós poidamos asistir.
martes, 23 de abril de 2024
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: VISITA CAMPUS RUGBY OURENSE
CAMPUS RUGBY OURENSE
Os días 3 e 4 de abril, os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria tiveron unha sesión con Yago, da escola CAMPUS RUGBY OURENSE. Fixeron xogos e actividades para coñecer este deporte. Pasárono moi ben, a ver se alguen se apunta o ano que ven!
Grazas Yago!
luns, 22 de abril de 2024
CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2024
FESTA NO PARQUE DA INFESTA!!!!
A Comunidade Educativa do CEIP de Seixalbo montamos unha gran festa para celebrar o Día da Educación Física na Rúa 2024.
Unha andaina para comezar e logo actividades e coreografías das que disfrutaron todos os veciños e familiares.
Ademáis o baile sorpresa final no que participamos TODOOOOS!
Deixovos os videos por cursos para que os vexades cantas veces queirades!
martes, 2 de abril de 2024
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2024
CELEBRACIÓN DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2024
O vindeiro 17 de abril, o noso cole participa por terceira vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia para facer visible o valor desta materia.
Este ano o lema é Educación Física e Saúde Mental que busca impulsar e reivindicar a importancia da actividade física para facilitar un equilibrio emocional entre os alumnos/as.
Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.
Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo xuntándonos na Infesta onde terá lugar o acto (coreografías, xogos, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.
O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.
MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA INFESTA!!!
mércores, 6 de marzo de 2024
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: ACTIVIDADE DE PROMOCIÓN DE PUMP-TRACK.
martes, 27 de febreiro de 2024
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: XOGANDO AO ATLETISMO BENXAMÍN
O 22 de febreiro tocoulle o turno aos alumnos/as de 2º curso de Educación Primaria e foron a actividade "Xogando ao Atletismo" a Expourense.
Esta vez estaban os xuíces da Federación de Atletismo, saltaron na pista de area e fixeron o Grand Prix!
Deixovos o vídeo para recordalo.