Este ano na asignatura de Proxecto
Competencial decidimos en 5º e 6º de Primaria facer o seguinte proxecto: “COÑECE SEIXALBO”.
Elaboramos
un roteiro por Seixalbo traballando os lugares máis coñecidos: O Parque da
Infesta, Praza Maior, Igrexa de San Breixo, Praza do Cabildo...
As
festas: O entroido, os Foros...
Clube Deportivo Seixalbo.
A gastronomía.
Elaboración de carteis coa palabra Seixalbo.
Sopas de letras con palabras relacionadas con
Seixalbo.
Coñecemento do Premio Freire Carril e
elaboración de traballos sobre os homenaxeados cada ano ata agora.
Benposta, cidade dos Muchachos...
Os alumnos/as estiveron moi motivados por aprender aspectos sobre Seixalbo. Resultoulle moi interesante.
A final de curso baixamos a Seixalbo de
excursión a facer o roteiro que traballamos na clase, tivemos a axuda de Manuel
Herminio da Asociación Agromadas que nos fixo de guía maxistralmente. Fixemos
unha exposición con todos os traballos no Centro que visitaron os alumnos/as,
mestres e familias.
Ó finalizar o curso escolar baixamos os
traballos e os colocamos na rúa da Asociación Agromadas e San Breixo coa axuda de Chus, José Manuel e Manuel Herminio. Quedarán
expostos durante a festa dos foros para que os vexan os veciños.
Grazas a todos polo voso traballo e
implicación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario