domingo, 31 de maio de 2020

XA ESTAMOS NO MES DE XUÑO!!!!

Ola a tod@s! Cómo vades?
Rematou o prazo da entrega das fichas interactivas, moitas grazas a tod@s os que participáchedes, alegroume moito ver os vosos nomes e os vosos correos.






Mañá comeza o último mes de curso e penso que sodes uns campións por todo o traballo que levades feito ó longo deste confinamento en todas as materias. O que máis me interesa na asignatura de Educación Física é que fagades exercicio e vos movades, como podedes saír xa á rúa podedes aproveitar para montar en bici, saltar, correr, patinar... o que máis vos guste. Tamén tedes moito material neste blog para traballar.
 Moitos ánimos e a pola recta final de curso. Moitos bicos!!!!















domingo, 3 de maio de 2020

FICHAS INTERACTIVAS PARA FACER NA TERCEIRA AVALIACIÓN

Ola chic@s!!!!
 Nesta terceira avaliación gustaríame ter novas vosas, para iso, deixovos unha nova etiqueta chamada  "fichas terceira avaliación"debedes facer a do voso curso e mandarma ó meu correo martamarra@edu.xunta.es antes do 29 de maio. Espero que vos guste a actividade! Están por orde dende 1º a 6º curso.

Moitos bicos para tod@s e espero as vosas respostas!!!!