domingo, 31 de maio de 2020

XA ESTAMOS NO MES DE XUÑO!!!!

Ola a tod@s! Cómo vades?
Rematou o prazo da entrega das fichas interactivas, moitas grazas a tod@s os que participáchedes, alegroume moito ver os vosos nomes e os vosos correos.






Mañá comeza o último mes de curso e penso que sodes uns campións por todo o traballo que levades feito ó longo deste confinamento en todas as materias. O que máis me interesa na asignatura de Educación Física é que fagades exercicio e vos movades, como podedes saír xa á rúa podedes aproveitar para montar en bici, saltar, correr, patinar... o que máis vos guste. Tamén tedes moito material neste blog para traballar.
 Moitos ánimos e a pola recta final de curso. Moitos bicos!!!!















Ningún comentario:

Publicar un comentario