martes, 2 de abril de 2024

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2024

 CELEBRACIÓN DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2024





O  vindeiro 17 de abril, o noso cole participa por terceira vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia para facer visible o valor desta materia.

Este ano o lema é Educación Física e Saúde Mental que busca impulsar e reivindicar a importancia da actividade física para facilitar un equilibrio emocional entre os alumnos/as.

Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.

Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo xuntándonos na Infesta onde terá lugar o acto (coreografías, xogos, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.

O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.

MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA INFESTA!!!

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario