martes, 6 de outubro de 2026

XLIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO SAN MARTIÑO





O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza a XLIX Carreira Pedestre Popular do San Martiño que se celebrará o 8 de novembro de 2026 con saída da Ponte do Milenio.

O alumnado que desexe participar na carreira a través do Colexio pode enviar os seguintes datos, antes do 16 de outubro, ao correo martamarra@edu.xunta.gal:

DNI DO ATLETA (SE O TEN)

NOME

APELIDOS 

DATA DE NACEMENTO

LOCALIDADE

TELÉFONO

NOME E APELIDOS (PERSOA QUE AUTORIZA)

DNI(PERSOA QUE AUTORIZA)

CURSO E CLASE

A categoría Sub12 (ano de nacemento 2015-2016) e a categoría Sub10( ano de nacemento 2017-2018) percorrerán 1,1 quilómetros e terán a saída ás 13h.

Recibirán un agasallo conmemorativo.

Os alumnos/as que naceron despois do 2018 poden participar na Carreira inclusiva que dará comezo ás 13:20h e percorrerá tamén 1,1 quilómetros.

Os pais e nais serán os responsables dos seus fillos/as en todo momento.

O Colexio non se responsabiliza de eles, solo se encarga da inscrición dos atletas.

Deixovos o enlace ao Regulamento Xeral da Carreira por se tedes algunha dúbida:

https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:DEU1:68ffc239-5926-400b-933d-b6dd85145e37?x_api_client_id=chrome_extension_viewer&x_api_client_location=share




Animádevos a participar!!!


INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento. CEIP PLURILINGÜE DE SEIXALBO
Finalidade: Xestionar e tramitar  a súa solicitude de inscrición na actividade correspondente. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario