xoves, 26 de marzo de 2026

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2026


O  vindeiro 16 de abril, o noso cole participa por quinta vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia  para dar visibilidade a esta materia.

Este ano o lema é “MOVENDO CORPOS, CONECTANDO MENTES: A EF NUN MUNDO ATRAVESADO POLA TECNOLOXÍA”. 

Non é un slogan, é unha declaración educativa. Nunha sociedade onde o movemento grávase, compártese e compárase constantemente, a EF ten a responsabilidade de ofrecer un espazo seguro onde o alumnado poida comprender o seu corpo sen presións externas. O  #DEFR2026 convídanos a mostrar como a EF ensina a usar a tecnoloxía con criterio e a distinguir entre prácticas saudables e discursos baleiros, construíndo unha relación máis consciente coa actividade física. Sacar a EF á rúa e reivindicar que o movemento segue sendo unha experiencia humana, social e educativa tamén na era dixital. 

Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 11:30h.

Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo, xuntándonos na Infesta onde terá lugar o acto (coreografías, xogos, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.

O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.

MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 11:30H NA INFESTA!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario