Fantástico día na Infesta co gallo da Celebración do DEFR 26.
Este ano tivemos como convidados á Asociación "BICOS DE PAPEL" de axuda a nenos/nenas pacientes oncolóxicos. Puxeron un stand de información e venta para este fin. Esperemos que recaudaran moito para esta labor tan importante que fan. Grazas.
Tamén participou o CLUB BALONMÁN CIDADE DAS BURGAS que está empezando no noso cole e fixo unha Gymkana cos alumnos/as.
Pasámolo moi ben!!
O alumnado estivo fantástico nas súas actuacións que foron todas de dez!!!
Ademais, algúns deles fixeron unha demostración de acrobacias que nos deixaron coa boca aberta, foi o caso de Aldara e Valeria de 6º e Mauro de 4º.
Grazas tamén ó profesorado por acompañar e axudar en todo...à Asociación San Breixo que sempre teñen todo preparado, a herba cortada, o aparcamento señalizado.... unha marabilla!!
E por último, ó público tan necesario para que un evento funcione.
Espero que disfrutárades moito!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario