xoves, 27 de xuño de 2024

PROXECTO COMPETENCIAL 5º E 6º DE PRIMARIA: "COÑECE SEIXALBO"

 

Este ano na asignatura de Proxecto Competencial decidimos en 5º e 6º de Primaria  facer o seguinte proxecto: “COÑECE SEIXALBO”.

 Elaboramos un roteiro por Seixalbo traballando os lugares máis coñecidos: O Parque da Infesta, Praza Maior, Igrexa de San Breixo, Praza do Cabildo...

 As festas: O entroido, os Foros...

Clube Deportivo Seixalbo.

A gastronomía.

Elaboración de carteis coa palabra Seixalbo.

Sopas de letras con palabras relacionadas con Seixalbo.

Coñecemento do Premio Freire Carril e elaboración de traballos sobre os homenaxeados cada ano ata agora.

Benposta, cidade dos Muchachos...











 Os alumnos/as estiveron moi motivados  por aprender aspectos sobre Seixalbo. Resultoulle moi interesante.

A final de curso baixamos a Seixalbo de excursión a facer o roteiro que traballamos na clase, tivemos a axuda de Manuel Herminio da Asociación Agromadas que nos fixo de guía maxistralmente. Fixemos unha exposición con todos os traballos no Centro que visitaron os alumnos/as, mestres e familias.














Ó finalizar o curso escolar baixamos os traballos e os colocamos na rúa da  Asociación Agromadas e  San Breixo coa axuda de  Chus, José Manuel e Manuel Herminio. Quedarán expostos durante a festa dos foros para que os vexan os veciños.







Grazas a todos polo voso traballo e implicación!

domingo, 2 de xuño de 2024

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES XAQUÍN LOURENZO "XOCAS"

O noso agradecemento a Lito por vir, un ano máis, a Seixalbo cos alumnos/as de 6º de E.P para dar a coñecer a nosa cultura popular a través dos xogos.

Este ano, os días 21 e 27 de maio tocou xogar á chave, á rá e á porca, ademáis de enredos e xogos que encandilaron ós nosos rapaces e rapazas.

Profesionalidade, dedicación e experiencia!!!

Un pracer traballar con él sempre. 








xoves, 25 de abril de 2024

PROGRAMA XOGADE 2023-2024: DEPORTE DE ORIENTACIÓN 6º PRIMARIA

 XORNADA DE INICIACIÓN AO DEPORTE DE ORIENTACIÓN 6º E.P.

O 24 de abril de 2024 os alumnos/as de 6º de E.P asistiron a unha proba de orientación en Ribadavia.

Máis concretamente na Área Recreativa A Veronza. Noraboa aos organizadores deste evento porque estivo xenial!!!

A maioría nunca tiveran contacto con este deporte e quedaron moi sorprendidos, sobre todo co plano e as pulseiras para pasar as diferentes balizas. Esperemos que o repitan máis veces e que nós poidamos asistir.









martes, 23 de abril de 2024

PROGRAMA XOGADE 2023-2024: VISITA CAMPUS RUGBY OURENSE

 CAMPUS RUGBY OURENSE

Os días 3 e 4 de abril, os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria tiveron unha sesión con Yago, da escola  CAMPUS RUGBY OURENSE.  Fixeron xogos e actividades para coñecer este deporte. Pasárono moi  ben, a ver se alguen se apunta o ano que ven!

Grazas Yago!






luns, 22 de abril de 2024

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2024

 FESTA NO PARQUE DA INFESTA!!!!

A Comunidade Educativa do CEIP de Seixalbo montamos unha gran festa para celebrar o Día da Educación Física na Rúa 2024.

Unha andaina para comezar e logo actividades e coreografías das que disfrutaron todos os veciños e familiares.

Ademáis o baile sorpresa final no que participamos TODOOOOS! 

Deixovos os videos por cursos para que os vexades cantas veces queirades!