BENVIDOS A UN NOVO CURSO XA SEN RESTRICCIÓNS!!! ESPERO QUE VOLTEMOS A AQUELAS CLASES DIVERTIDAS E EN GRUPO! E ADEMÁIS A PARTIR DE 4º DE PRIMARIA PODEDES USAR AS DUCHAS!!!
martes, 20 de setembro de 2022
domingo, 19 de xuño de 2022
ACTIVIDADE XOGADE: VISITA CLUB VOLEIBOL OURENSE
O 27 de maio, os cursos de 4º e 5º de Primaria tiveron unha visita moi especial, unha sesión a cargo do Club Voleibol Ourense.
Os nenos/as pasárono moi ben e aprenderon moitas cousas prácticas sobre este deporte. Grazas por vir e esperamos vervos pronto!!!
Deixovos un vídeo de recordo.
domingo, 29 de maio de 2022
ACTIVIDADE XOGADE: VISITA CLUB HOCKEY ALBOR
VISITA CLUB HOCKEY ALBOR
O 26 de maio de 2022, pola mañá, dous monitores de Hockey visitaron ó Centro para facer unha sesión con 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria e dar a coñecer o seu deporte.
A maioría dos alumnos/as descoñecía este deporte, pero o primeiro contacto foi moi positivo. Gustoulles moito e de seguro algún deles xogará pronto a este deporte. Grazas pola visita!!!
luns, 23 de maio de 2022
ACTIVIDADE DE XADREZ
XADREZ PARA OS ALUMNOS/AS DE 3º E 5º DE PRIMARIA
Elías, do Clube Xadrez Ourense asistiu ó noso Centro o 19 de maio para impartir unha sesión de Xadrez en 3º e outra en 5º de Primaria. Os alumnos/as xa tiveran contacto con este deporte e recordaron e aprenderon cousas novas e, sobre todo, volveron a emocionarse xogando.
Grazas pola visita Elías!
ACTIVIDADE XOGADE: PIRAGÜISMO DRAGÓNS
"PIRAGÜISMO DRAGÓNS"
O día 10 de maio de 2022 os alumnos/as de 6º curso foron a Castrelo de Miño a facer unha actividade chamada PIRAGÜISMO DRAGÓNS.
Os monitores eran fantásticos, repartiron ó alumnado en dúas embarcacións. Consistía en ir remando todos á vez ó ritmo do tambor. Pasámolo xenial!!!
Déixovos un vídeo coas fotos para que lembredes os momentos vividos.
sábado, 14 de maio de 2022
ÉXITO ROTUNDO DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2022
DO CEIP DE SEIXALBO!!!
Dar as grazas aos alumnos/as que traballaron moitísimo para facer estas coreografías e decirlle que estamos moi orgullosos do seu traballo e que son fantásticos!
Tamén, a todas as persoas que fixeron posible este día co
seu traballo e dedicación.
Ao público que asistiu ó parque da Infesta, e, como non, ao pobo de Seixalbo que, xunto coa Asociación San Breixo, sempre está para
todo o que precisamos.
Para os que non puideron asistir, e para que os participantes se vexan as veces que queiran,deixovos as coreografías.
xoves, 21 de abril de 2022
MANIFESTO #DEFR
MANIFESTO
#DEFR
Por unha Educación
Física para toda a vida!
O día da Educación
Física na rúa (DEFR) é unha xornada festiva e de convivencia para poñer en
valor a Educación Física.
O alumnado e docentes
saímos ás prazas, parques e rúas dos nosos pobos, cidades e comunidades para
acercala a toda a cidadanía e mostrar ó conxunto da sociedade o que representa.
A Educación Física é
unha materia que promove espazos de benestar e aprendizaxe mediante o movemento
e as accións saudables, cívicas, participativas, cooperativas, inclusivas,
emocionais, creativas e expresivas nas que o esforzo e a autonomía son
fundamentais.
Por iso, podemos
afirmar que aínda que a súa base sexa física, motriz e corporal, a súa esencia,
é sen dúbida, educativa e social.
-
A Educación Física é unha
ferramenta fundamental para o desenvolvemento integral e integrador do
alumnado, que reporta beneficios físicos, psíquicos e sociais.
-
A Educación Física é un medio
idóneo para fomentar estilos de vida activos e saudables para rachar os elevados
índices de sedentarismo e obesidade.
-
A Educación Física ofrece un
inmellorable escenario de aprendizaxe persoal, social e cultural que permite
construír e desenvolver as actitudes e os valores necesarios para vivir e
convivir en sociedade.
Por todo iso, afirmamos
que a Educación Física debe ser un compoñente de primeira orde neste proceso de
renovación educativa e pedagóxica que vive a escola na actualidade. E por iso
seguiremos traballando, ata conseguir a súa presenza como ferramenta valiosa de
transformación e cohesión social.
Viva a Educación Física!!!
















