xoves, 21 de abril de 2022

MANIFESTO #DEFR

 

MANIFESTO #DEFR

Por unha Educación Física para toda a vida!

O día da Educación Física na rúa (DEFR) é unha xornada festiva e de convivencia para poñer en valor a Educación Física.

O alumnado e docentes saímos ás prazas, parques e rúas dos nosos pobos, cidades e comunidades para acercala a toda a cidadanía e mostrar ó conxunto da sociedade o que representa.

A Educación Física é unha materia que promove espazos de benestar e aprendizaxe mediante o movemento e as accións saudables, cívicas, participativas, cooperativas, inclusivas, emocionais, creativas e expresivas nas que o esforzo e a autonomía son fundamentais.

Por iso, podemos afirmar que aínda que a súa base sexa física, motriz e corporal, a súa esencia, é sen dúbida, educativa e social.

-       A Educación Física é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento integral e integrador do alumnado, que reporta beneficios físicos, psíquicos e sociais.

-       A Educación Física é un medio idóneo para fomentar estilos de vida activos e saudables para rachar os elevados índices de sedentarismo e obesidade.

-       A Educación Física ofrece un inmellorable escenario de aprendizaxe persoal, social e cultural que permite construír e desenvolver as actitudes e os valores necesarios para vivir e convivir en sociedade.

Por todo iso, afirmamos que a Educación Física debe ser un compoñente de primeira orde neste proceso de renovación educativa e pedagóxica que vive a escola na actualidade. E por iso seguiremos traballando, ata conseguir a súa presenza como ferramenta valiosa de transformación e cohesión social.

Viva a Educación  Física!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario