O obxectivo deste entrada non é darvos máis información da que xa temos, pois é un continuo goteo de datos, consellos, propostas, recomendacións que vemos diariamente desde diferentes fontes de información como son os medios de comunicación, dispositivos dixitais, redes sociais, whatsapp...
O que quero é unir forzas para crear a mellor VACINA para derrotar ó virus canto antes e que todo volva á normalidade no menor tempo posible, para iso, temos que QUEDARNOS NA CASA, en familia. Dentro do noso fogar temos todos os recursos necesarios para seguir o noso plan de vida saudable e manternos en forma tanto física como mentalmente.
Realiza todo tipo de actividade física que poidas dentro da casa, se tes acceso a internet podes seguir unha clase virtual ou ver algún vídeo que che guste. Non descuides a saúde mental, polo que podes xogar ó xadrez, facer crebacabezas, resolver acertixos ou problemas lóxico-matemáticos...
Propóñovos unha serie de retos diarios realizados por tres mestres de Educación Física para que o día a día se vos faga máis divertido e enriquecedor, por suposto son optativos.
A presentación divídese en diferentes apartados que teredes que realizar: MÓVETE (actividade física), CREA (reciclaxe e desenvolvemento sostible) e RETOS EN FAMILIA.
Espero que estas actividades vos axuden a pasar cun sorriso estes días na casa mentres nos mantemos activos e en forma mellorando a nosa saúde e compartindo tempo en familia.
Teño moitas ganas de vervos e bótovos moito de menos.
Biquiños virtuais para tod@s!
Acabamos de descubrir o teu blog e encantounos. Sobre todo a Lena!
ResponderEliminarNoraboa polo teu traballo, iremos vendo todas as cousiñas pouco a pouco.
un forte abrazo de todos nós e en especial de Lena e Gabriel Santos
Grazas familia! Cómo pasa o tempo...Lena estaba en primeiro na foto de entrada, alégrome que vos gustasen as ideas e agora temos tempo de practicar!!!! Un bico moi forte !!
ResponderEliminar