Cómo estades?
Espero que moi ben xa que dende hoxe podedes saír un ratiño á rúa e facer algo máis de deporte.
Estes días estiven cavilando e pensei en repasar a programación de cada curso e elixir aqueles estándares de aprendizaxe que se poden traballar na casa e proporvos algúns exercicios máis personalizados. Nas etiquetas do blog buscade a do voso curso e mirade a ver que vos parece.
Tamén me gustaría non perder o contacto así que, vos deixo o meu correo para que me mandedes calquera tipo de actividade que fagades mediante foto ou vídeo, propostas ou si os vosos pais e nais precisan facer algunha consulta estou á vosa disposición.
martamarra@edu.xunta.es
Bótovos moitísimo de menos e estou desexando voltar ás nosas clases de Educación Física tan divertidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario