Quero deixar constancia da miña
pequena reflexión sobre a Pandemia do COVID-19. O primeiro dar as grazas á
maioría dos alumnos/as por implicarse nas tarefas e valorar o meu esforzo.
Creo que este virus nos pillou
por sorpresa a todos e nunca poderíamos imaxinar o que ía acontecer. O mundo
non estaba preparado para loitar contra unha pandemia deste tipo, nin
estruturalmente, nin psicoloxicamente, nin economicamente. Pero dentro destas
adversidades temos que sacar cousas positivas xa que as negativas xa nolas
contan todos os días.
Unha desas cousas é que nos
decatamos da importancia e da necesidade de realizar Educación Física. Este
encerro serviu para que moita xente empece a facer exercicio para atoparse mellor
física e mentalmente.
A Educación Física é algo
imprescindible nas nosas vidas, aínda que estivo sempre infravalorada como unha
materia fácil de aprobar e que non era moi necesaria.
A Educación Física é totalmente
necesaria na escola, tan importante como as matemáticas ou o inglés...porque
facer que un alumno/a o día de mañá teña hábitos saudables e valores e tan ou
máis importante que saber facer operacións ou aprender un idioma estranxeiro.
Ademais fainos adquirir uns
valores moi importantes como son a constancia, a perseveranza, a capacidade de
esforzo, o traballo en equipo...tan útiles
na vida adulta futura.
Por iso me gusta tanto a miña
profesión!!!!!
Espero que dentro duns anos
isto sexa unha anécdota que contar e que vaia todo ben.
fELIZ VERÁN A TOD@S!!!