xoves, 22 de maio de 2025

XORNADA PROMOCIÓN HOCKEY-EVENTO SPORTUR (EXPOURENSE)

 O día 22 de maio de 2025 ao alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria convidáronos a Expourense co motivo dunha xornada de Hockey no marco do evento SPORTUR.

Fixeron unhas actividades e partidos de hockey e logo deron unha volta por SPORTUR onde disfrutaron de diferentes  actividades como bádminton, patinaxe, ximnasia rítmica, circuitos con bicis...ademais déronnos un agasallo chulísimo, unha camiseta!!!

Grazas!

















domingo, 18 de maio de 2025

PROGRAMA XOGADE 2024-2025: "PIRAGÜISMO DRAGÓNS" 6ºE.P

 O 6 de maio de 2025 o alumnado de 6º de Ed. Primaria asistiron á actividade chamada Piragüismo Dragóns en Castrelo de Miño.

O entorno fantástico e a actividade consistía en ir remando todos á vez ó ritmo do tambor.

Pasámolo xenial!

Deixovos un vídeo para lembrar os mellores momentos.




mércores, 7 de maio de 2025

PLAN FOMENTO DO HOCKEY 2025

Os días 24,25 de abril e o 5 de maio  todos o alumnado de Primaria participamos no programa educativo e deportivo de Hockey organizado pola Federación Galega e patrocinado pola Deputación de Ourense.
Sergio impartiu clases de 1º a 6º de Primaria, pasámolo moi ben e foi moi divertido.

Grazas tamén a Carlos, coordinador, por contar con nós para esta actividade.
No vídeo podedes recordar os mellores momentos.





luns, 5 de maio de 2025

PROGRAMA XOGADE 2024-2025: PROMOCIÓN DEPORTE DE ORIENTACIÓN 6º E.P

 O día 30 de abril o alumnado de 6º de E.P foron a unha proba de orientación en Ribadavia.

Estivo moi ben organizada e  o pasaron en grande!!!

Grazas ao Programa Xogade por invitarnos a estas actividades de promoción.












martes, 15 de abril de 2025

FANTÁSTICO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2025

 Fantástico e solleiro día tivemos o 10 de abril no Parque da Infesta coa celebración do DEFR25.

Este ano tivemos como convidados ó alumnado de 1º da ESO da Universidade Laboral, algúns deles antigos alumnos/as do noso cole.

Pasámolo moi ben!

 Grazas aos rapaces e rapazas que traballaron moitísimo para facer as actuacións , tamén a todas as persoas que fixeron posible este día co seu traballo e dedicación.

  Aos alumnos/as da Universidade Laboral e ás súas mestras por vir e que sexa o comezo de moitas máis cousas xuntos.

 Tamén, ó Deporte Galego e á Xunta de Galicia

por patrocinar o acto. 

 

E, como non, ó público que nos acompañou, e ó pobo de Seixalbo que xunto coa  Asociación San Breixo sempre está para todo o que precisamos.

                    


 

Déixovos  os vídeos das actuacións:




















                        


                              LEMBRANZAS DESE DÍA!!!!




1

venres, 4 de abril de 2025

VISITA CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

 Esta semana tivemos a visita de dúas monitoras do "Club Ximnasia Pavillón" as cales nos falaron desta disciplina deportiva e de todo o traballo e o esforzo que hai detrás desas medallas que moitas veces vemos.

Unha alumna deste Centro tamén nos amosou as habilidades que pouco a pouco foi adquirindo co traballo diario no Club.

Posteriormente, fixemos unha pequena práctica no ximnasio do cole.




VISITA CLUBE PIRAGÜISMO OURENSE

 O 31 de marzo, o alumnado de 6º de Primaria, tivo unha visita moi especial.

Rosana e Conchita, do Clube Piragüismo Ourense  explicáronnos  moitas cousas interesantes do deporte do Piragüismo.

Estaría ben ir a practicalo! Animádesvos?

Grazas por vir.