martes, 15 de abril de 2025

FANTÁSTICO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2025

 Fantástico e solleiro día tivemos o 10 de abril no Parque da Infesta coa celebración do DEFR25.

Este ano tivemos como convidados ó alumnado de 1º da ESO da Universidade Laboral, algúns deles antigos alumnos/as do noso cole.

Pasámolo moi ben!

 Grazas aos rapaces e rapazas que traballaron moitísimo para facer as actuacións , tamén a todas as persoas que fixeron posible este día co seu traballo e dedicación.

  Aos alumnos/as da Universidade Laboral e ás súas mestras por vir e que sexa o comezo de moitas máis cousas xuntos.

 Tamén, ó Deporte Galego e á Xunta de Galicia

por patrocinar o acto. 

 

E, como non, ó público que nos acompañou, e ó pobo de Seixalbo que xunto coa  Asociación San Breixo sempre está para todo o que precisamos.

                    


 

Déixovos  os vídeos das actuacións:




















                        


                              LEMBRANZAS DESE DÍA!!!!




1

venres, 4 de abril de 2025

VISITA CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

 Esta semana tivemos a visita de dúas monitoras do "Club Ximnasia Pavillón" as cales nos falaron desta disciplina deportiva e de todo o traballo e o esforzo que hai detrás desas medallas que moitas veces vemos.

Unha alumna deste Centro tamén nos amosou as habilidades que pouco a pouco foi adquirindo co traballo diario no Club.

Posteriormente, fixemos unha pequena práctica no ximnasio do cole.




VISITA CLUBE PIRAGÜISMO OURENSE

 O 31 de marzo, o alumnado de 6º de Primaria, tivo unha visita moi especial.

Rosana e Conchita, do Clube Piragüismo Ourense  explicáronnos  moitas cousas interesantes do deporte do Piragüismo.

Estaría ben ir a practicalo! Animádesvos?

Grazas por vir.




mércores, 26 de marzo de 2025

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2025


 O  vindeiro 10 de abril, o noso cole participa por cuarta vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia para facer visible o valor desta materia, este ano temos como convidados ó alumnado de 1º ESO da Universidade Laboral que nos acompañarán neste evento.

Este ano o lema é “Educación Física unha poderosa ferramenta de inclusión” que se centrará na colaboración con Special Olimpics España e busca non só tamén fomentar a participación activa de persoas con discapacidade intelectual se non concienciar a toda a sociedade de crear entornos normalizados onde todos se beneficien do exercicio físico.

Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.

Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo, xuntándonos na Infesta co alumnado de 1º ESO da Universidade Laboral e as súas mestras, onde terá lugar o acto (coreografías, xogos, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.

O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.

MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA INFESTA!!!



mércores, 19 de marzo de 2025

PROGRAMA XOGADE 2024-2025: XOGANDO AO ATLETISMO BENXAMÍN

 O pasado 26 de febreiro acudimos a Expourense para participar na actividade deportiva de "Xogando ao atletismo" onde os nosos nenos de 2º de Primaria realizaron unha morea de actividades para coñecer e iniciarse en diferentes disciplinas do atletismo.




domingo, 9 de febreiro de 2025

PROGRAMA XOGADE 2024-2025: VISITA CAMPUS RUGBY OURENSE

 CAMPUS RUGBY OURENSE

Na primeira semana de febreiro os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria tiveron as dúas sesións de Educación Física con Yago, para dar a coñecer o deporte do Rugby. Foron sesións lúdicas e divertidas nas que o alumnado pasouno moi ben.

Esperamos que lles vai moi ben na escola de Rugby e que algún rapaz ou rapaza se anime a ir a probar ao campo da Universidade os martes e xoves de 7 a 8h.

Deixovos un vídeo cos mellores momentos da actividade e o cartel para que chamedes se vos interesa ir.

Grazas por vir ao noso cole!!!




sábado, 28 de decembro de 2024

PROGRAMA XOGADE 2024-2025: XOGANDO AO ATLETISMO ALEVÍN

 O 12 de decembro de 2024 os alumnos/as de 4º curso de Educación Primaria asistiron a Expourense ao evento "Xogando ao Atletismo".

Coma sempre moi ben organizado e os nenos/as pasárono moi ben!

Velaí o video dalgúns momentos da actividade.