O 12 de decembro de 2024 os alumnos/as de 4º curso de Educación Primaria asistiron a Expourense ao evento "Xogando ao Atletismo".
Coma sempre moi ben organizado e os nenos/as pasárono moi ben!
Velaí o video dalgúns momentos da actividade.
O 12 de decembro de 2024 os alumnos/as de 4º curso de Educación Primaria asistiron a Expourense ao evento "Xogando ao Atletismo".
Coma sempre moi ben organizado e os nenos/as pasárono moi ben!
Velaí o video dalgúns momentos da actividade.
O sábado 14 de decembro de 2024, no Hipódromo de Antela tivo lugar o Campionato Provincial de Cros Escolar.
O noso representante foi Mauro Rodríguez Fernández e quedou no décimo cuarto posto.
Grazas a él e a súa familia por acompañalo.
Estamos moi orgullosos de ti!!!
NORABOA!!!
Os días 4 e 11 de decembro de 2024, os alumnos/as de 6º curso tiveron unha visita moi esperada, a de Lito, cos seus xogos populares do Obradoiro de Xaquín Lourenzo "Xocas"da Deputación de Ourense.
Este ano escollemos "A Billarda" e "Xogos Bailados".
Sempre nos sorprende e nos divirte cos seus enredos e xogos.
Grazas coma sempre por vir!
Disfrutámolo moito!
O alumno Mauro Rodríguez Fernández de 3º de Primaria foi o único clasificado entre os 6 primeiros no cros anterior polo que o sábado 23 de novembro foi á fase comarcal.
QUEDOU NO SÉPTIMO POSTO NA CLASIFICACIÓN! NORABOA E GRAZAS POR REPRESENTAR Ó CENTRO NESTE EVENTO DEPORTIVO!
Os días 28,29,30 de outubro e 5,7,8 de novembro viñeron os adestradores de FÚTBOL GAÉLICO a impartir dúas sesións nos cursos de 4º,5º e 6º de Educación Primaria.
A actividade consistiu nunha primeira toma de contacto con este deporte e foi moi interesante para todos.
Grazas Mariví, como coordinadora e aos outros adestradores polo voso traballo, e como non á ANPA do cole por facer de intermediaria na actividade.
Animádevos a apuntarvos ós venres como extraescolar no Centro!!!!
Participamos no Cros Escolar de Monterrei organizado polo Deporte Escolar.
Celebrouse os días 13 e 14 de novembro de 2024.
O día 13 de novembro foi a competición Benxamín-Alevín e foron os alumnos/as de 2º, 3º e 5º de Educación Primaria.
O día 14 de novembro foi a competición Infantil e Cadete e asistiron os alumnos/as de 6º de Educación Primaria.
Quedan para o recordo os mellores momentos!!!!
O 8 de novembro, venres, fixemos unha andaina arredor do cole. Os nenos/as de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria fixeron un percorrido de 1,2 km e de 3º a 6º de Primaria de 2,3km.
Pasámolo xenial facendo un pouco de exercicio e respirando aire puro!
Ó chegar quedamos no patio e comemos castañas asadas...qué ricas!!!!