martes, 27 de febreiro de 2024

PROGRAMA XOGADE 2023-2024: XOGANDO AO ATLETISMO BENXAMÍN

 O 22 de febreiro tocoulle o turno aos alumnos/as de 2º curso de Educación Primaria e foron a actividade "Xogando ao Atletismo" a Expourense.

Esta vez estaban os xuíces da Federación de Atletismo, saltaron na pista de area e fixeron o Grand Prix!

Deixovos o vídeo para recordalo.







venres, 8 de decembro de 2023

PROGRAMA XOGADE 2023-2024: XOGANDO AO ATLETISMO ALEVÍN




O 30 de novembro de 2023 os alumnos/as de 4º curso de Educación Primaria  asistiron en Expourense o evento "Xogando ao atletismo". 
Pasárono moi ben e fixeron moitas probas. Mirade o vídeo. 




luns, 27 de novembro de 2023

PROGRAMA XOGADE 2023-2024: CROSS EN MONTERREY



 Os alumnos/as de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron na fase previa de Cross en Monterrey (Pereiro de Aguiar) os días 14 e 15 de novembro de 2023.

A proba foi esixente pero ó final foi unha experiencia deportiva única.

Grazas a todos por participar!!!




XOGOS DO MAGOSTO 2023

 

 Celebramos  o San Martiño cunha xornada de xogos o xoves 9 de novembro de 10:20h a 12:00h.

A actividade consistiu en 2 circuítos, un para Ed. Infantil e 1º de Primaria, e outro para 2º,3º,4º,5º e 6º de Primaria.     

Pasámolo en grande! Ó remate comemos castañas !

   Mirade o vídeo para recordalo.




mércores, 25 de outubro de 2023

NOVA VISITA DO CLUB HOCKEY BARROCÁS 2023

 A semana do 16 ó 20 de outubro de 2023 visitáronnos Jaime e Manolo do Club Hockey Barrocás.

Fixeron unha sesión con cada curso de Educación Primaria para promocionar o seu deporte. Lembrade que a escola é os martes e venres ás 18h no campo de Mariñamansa. 

Apuntádevos!!!

Grazas pola visita!!!



















domingo, 25 de xuño de 2023

II CAMPIONATO DE DATCHBALL FIN DE CURSO




 O día 22 de xuño, pola mañá,  fixemos  o II CAMPIONATO DE DATCHBALL no cole.

Antes do recreo 5º contra 6º e despois do recreo 3º contra 4º.

O máis importante foi pasalo ben e disfrutar, todos gañamos!!

Para celebralo, cada participante tivo un diploma conmemorativo.