Despois de varios anos sen poder gozar deste obradoiro, o xoves 16 de febreiro, por fin, Lito volveu ao noso cole. Os alumnos/as de 6º curso tiveron unha sesión de 2h para coñecer e xogar con el.
Coma sempre estivo moi divertido e os nenos/as xogaron á CHAVE, á RÁ e á PORCA.
O día 9 de febreiro de 2023 repetimos a actividade "Xogando ao atletismo" esta vez na categoría Benxamín, cos alumnos/as de 2º curso de Primaria. As probas foron as mesmas que na categoría alevín. Disfrutamos moito do día. Mirade o seguinte vídeo para recordalo.
O día 15 de decembro de 2022 asistimos o Campionato de Campo a Través do Programa Xogade. Foi nas instalacións de Monterrey. Estivo moi ben organizado. Participaron os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria nas categorías ALEVÍN E INFANTIL (masculino e feminino).
A proba foi bastante esixente pero mereceu a pena, unha experiencia para repetir!!!
O día 24 de novembro en Expourense tivo lugar a actividade "Xogando ao Atletismo" dentro do Programa Xogade. Esta vez foi a competición na categoría alevín. Algunhas das probas foron:
-Carreira 10x10
-Lanzamento de vórtex.
-Salto horizontal.
-Salto lateral.
-Lanzamento de balón medicinal.
Ademáis, competimos en equipos de 5 por relevos.
Foi unha xornada fantástica, para comezar os alumnos/as de TAFAD fixeron unha coreografía para quentar con todos os participantes, logo as probas e ademáis tivemos unha visita moi especial, os xogadores do COB que se fixeron fotos con nós.
Do 26 ó 30 de setembro viñeron ó noso Centro o presidente e un xogador de División de Honor do club de Hockey Barrocás, para patrocinar o seu deporte cos escolares. Estivemos encantados e aprendimos moitas cousas. Pasámolo moi ben. Grazasssss.
Xa sabedes que entrenan os martes e venres de 18 a 19:30h no Campo de herba de Mariñamansa. Xa hai nenos/as apuntados, a qué esperades?
Os días 19 e 20 de setembro comenzamos o curso cunha visita moi especial, viñeron Javi e Toni do Clube Fútbol-Sala Xuventude Ourense a darnos unhas sesións para patrocinar o seu deporte e fomentar a práctica de exercicio físico nos alumnos/as.
Fixeron unha sesión con cada clase dende os máis cativos ós maiores. Os nenos/as pasárono fenomenal e aprenderon moitas cousas.
Quedaron con ganas de máis ...así que... xa sabedes, a apuntarse con eles ás clases extraescolares!!
Grazas por compartir o voso tempo con nós!!!
martes, 20 de setembro de 2022
BENVIDOS A UN NOVO CURSO XA SEN RESTRICCIÓNS!!! ESPERO QUE VOLTEMOS A AQUELAS CLASES DIVERTIDAS E EN GRUPO! E ADEMÁIS A PARTIR DE 4º DE PRIMARIA PODEDES USAR AS DUCHAS!!!