Os días 24,25 de abril e o 5 de maio todos o alumnado de Primaria participamos no programa educativo e deportivo de Hockey organizado pola Federación Galega e patrocinado pola Deputación de Ourense.Sergio impartiu clases de 1º a 6º de Primaria, pasámolo moi ben e foi moi divertido.Grazas tamén a Carlos, coordinador, por contar con nós para esta actividade.No vídeo podedes recordar os mellores momentos.
mércores, 7 de maio de 2025
PLAN FOMENTO DO HOCKEY 2025
luns, 5 de maio de 2025
PROGRAMA XOGADE 2024-2025: PROMOCIÓN DEPORTE DE ORIENTACIÓN 6º E.P
O día 30 de abril o alumnado de 6º de E.P foron a unha proba de orientación en Ribadavia.
Estivo moi ben organizada e o pasaron en grande!!!
Grazas ao Programa Xogade por invitarnos a estas actividades de promoción.
martes, 15 de abril de 2025
FANTÁSTICO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2025
Fantástico e solleiro día tivemos o 10 de abril no Parque da Infesta coa celebración do DEFR25.
Este ano tivemos como convidados ó alumnado de 1º da ESO da Universidade Laboral, algúns deles antigos alumnos/as do noso cole.
Pasámolo moi ben!
Grazas aos rapaces e rapazas que traballaron moitísimo para facer as actuacións , tamén a todas as persoas que fixeron posible este día co seu traballo e dedicación.
Tamén, ó Deporte Galego e á Xunta de Galicia
por patrocinar o acto.
E, como non, ó público que nos acompañou, e ó pobo de Seixalbo que xunto coa Asociación San Breixo sempre está para todo o que precisamos.
Déixovos os vídeos das actuacións:
1
venres, 4 de abril de 2025
VISITA CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE
Esta semana tivemos a visita de dúas monitoras do "Club Ximnasia Pavillón" as cales nos falaron desta disciplina deportiva e de todo o traballo e o esforzo que hai detrás desas medallas que moitas veces vemos.
Unha alumna deste Centro tamén nos amosou as habilidades que pouco a pouco foi adquirindo co traballo diario no Club.
Posteriormente, fixemos unha pequena práctica no ximnasio do cole.
VISITA CLUBE PIRAGÜISMO OURENSE
O 31 de marzo, o alumnado de 6º de Primaria, tivo unha visita moi especial.
Rosana e Conchita, do Clube Piragüismo Ourense explicáronnos moitas cousas interesantes do deporte do Piragüismo.
Estaría ben ir a practicalo! Animádesvos?
Grazas por vir.
mércores, 26 de marzo de 2025
CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2025
O vindeiro 10 de abril, o noso cole participa por cuarta vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia para facer visible o valor desta materia, este ano temos como convidados ó alumnado de 1º ESO da Universidade Laboral que nos acompañarán neste evento.
Este
ano o lema é “Educación Física unha poderosa ferramenta de inclusión” que
se centrará na colaboración con Special Olimpics España e busca non só tamén fomentar a participación activa de persoas con discapacidade intelectual se non
concienciar a toda a sociedade de crear entornos normalizados onde todos se
beneficien do exercicio físico.
Terá
lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.
Ese
día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo,
xuntándonos na Infesta co alumnado de 1º ESO da Universidade Laboral e as súas
mestras, onde terá lugar o acto (coreografías, xogos, promoción do exercicio
físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.
O
alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos,
a modo de uniforme.
MOI
IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA
INFESTA!!!
mércores, 19 de marzo de 2025
PROGRAMA XOGADE 2024-2025: XOGANDO AO ATLETISMO BENXAMÍN
O pasado 26 de febreiro acudimos a Expourense para participar na actividade deportiva de "Xogando ao atletismo" onde os nosos nenos de 2º de Primaria realizaron unha morea de actividades para coñecer e iniciarse en diferentes disciplinas do atletismo.










