O día 30 de abril o alumnado de 6º de E.P foron a unha proba de orientación en Ribadavia.
Estivo moi ben organizada e o pasaron en grande!!!
Grazas ao Programa Xogade por invitarnos a estas actividades de promoción.
O día 30 de abril o alumnado de 6º de E.P foron a unha proba de orientación en Ribadavia.
Estivo moi ben organizada e o pasaron en grande!!!
Grazas ao Programa Xogade por invitarnos a estas actividades de promoción.
Fantástico e solleiro día tivemos o 10 de abril no Parque da Infesta coa celebración do DEFR25.
Este ano tivemos como convidados ó alumnado de 1º da ESO da Universidade Laboral, algúns deles antigos alumnos/as do noso cole.
Pasámolo moi ben!
Grazas aos rapaces e rapazas que traballaron moitísimo para facer as actuacións , tamén a todas as persoas que fixeron posible este día co seu traballo e dedicación.
Tamén, ó Deporte Galego e á Xunta de Galicia
por patrocinar o acto.
E, como non, ó público que nos acompañou, e ó pobo de Seixalbo que xunto coa Asociación San Breixo sempre está para todo o que precisamos.
Déixovos os vídeos das actuacións:
1
Esta semana tivemos a visita de dúas monitoras do "Club Ximnasia Pavillón" as cales nos falaron desta disciplina deportiva e de todo o traballo e o esforzo que hai detrás desas medallas que moitas veces vemos.
Unha alumna deste Centro tamén nos amosou as habilidades que pouco a pouco foi adquirindo co traballo diario no Club.
Posteriormente, fixemos unha pequena práctica no ximnasio do cole.
O 31 de marzo, o alumnado de 6º de Primaria, tivo unha visita moi especial.
Rosana e Conchita, do Clube Piragüismo Ourense explicáronnos moitas cousas interesantes do deporte do Piragüismo.
Estaría ben ir a practicalo! Animádesvos?
Grazas por vir.
Este
ano o lema é “Educación Física unha poderosa ferramenta de inclusión” que
se centrará na colaboración con Special Olimpics España e busca non só tamén fomentar a participación activa de persoas con discapacidade intelectual se non
concienciar a toda a sociedade de crear entornos normalizados onde todos se
beneficien do exercicio físico.
Terá
lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.
Ese
día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo,
xuntándonos na Infesta co alumnado de 1º ESO da Universidade Laboral e as súas
mestras, onde terá lugar o acto (coreografías, xogos, promoción do exercicio
físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.
O
alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos,
a modo de uniforme.
MOI
IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA
INFESTA!!!
O pasado 26 de febreiro acudimos a Expourense para participar na actividade deportiva de "Xogando ao atletismo" onde os nosos nenos de 2º de Primaria realizaron unha morea de actividades para coñecer e iniciarse en diferentes disciplinas do atletismo.
CAMPUS RUGBY OURENSE
Na primeira semana de febreiro os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria tiveron as dúas sesións de Educación Física con Yago, para dar a coñecer o deporte do Rugby. Foron sesións lúdicas e divertidas nas que o alumnado pasouno moi ben.
Esperamos que lles vai moi ben na escola de Rugby e que algún rapaz ou rapaza se anime a ir a probar ao campo da Universidade os martes e xoves de 7 a 8h.
Deixovos un vídeo cos mellores momentos da actividade e o cartel para que chamedes se vos interesa ir.
Grazas por vir ao noso cole!!!