mércores, 6 de marzo de 2024
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: ACTIVIDADE DE PROMOCIÓN DE PUMP-TRACK.
martes, 27 de febreiro de 2024
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: XOGANDO AO ATLETISMO BENXAMÍN
O 22 de febreiro tocoulle o turno aos alumnos/as de 2º curso de Educación Primaria e foron a actividade "Xogando ao Atletismo" a Expourense.
Esta vez estaban os xuíces da Federación de Atletismo, saltaron na pista de area e fixeron o Grand Prix!
Deixovos o vídeo para recordalo.
venres, 8 de decembro de 2023
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: XOGANDO AO ATLETISMO ALEVÍN
luns, 27 de novembro de 2023
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: CROSS EN MONTERREY
Os alumnos/as de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron na fase previa de Cross en Monterrey (Pereiro de Aguiar) os días 14 e 15 de novembro de 2023.
A proba foi esixente pero ó final foi unha experiencia deportiva única.
Grazas a todos por participar!!!
XOGOS DO MAGOSTO 2023
Celebramos o San Martiño cunha xornada de xogos o xoves 9 de novembro de 10:20h a 12:00h.
A actividade consistiu en 2 circuítos, un para Ed. Infantil e 1º de Primaria, e outro para 2º,3º,4º,5º e 6º de Primaria.
Pasámolo en grande! Ó remate comemos castañas !
Mirade o vídeo para recordalo.
mércores, 25 de outubro de 2023
NOVA VISITA DO CLUB HOCKEY BARROCÁS 2023
A semana do 16 ó 20 de outubro de 2023 visitáronnos Jaime e Manolo do Club Hockey Barrocás.
Fixeron unha sesión con cada curso de Educación Primaria para promocionar o seu deporte. Lembrade que a escola é os martes e venres ás 18h no campo de Mariñamansa.
Apuntádevos!!!
Grazas pola visita!!!
domingo, 25 de xuño de 2023
II CAMPIONATO DE DATCHBALL FIN DE CURSO
O día 22 de xuño, pola mañá, fixemos o II CAMPIONATO DE DATCHBALL no cole.
Antes do recreo 5º contra 6º e despois do recreo 3º contra 4º.
O máis importante foi pasalo ben e disfrutar, todos gañamos!!
Para celebralo, cada participante tivo un diploma conmemorativo.











