venres, 8 de decembro de 2023
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: XOGANDO AO ATLETISMO ALEVÍN
luns, 27 de novembro de 2023
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: CROSS EN MONTERREY
Os alumnos/as de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron na fase previa de Cross en Monterrey (Pereiro de Aguiar) os días 14 e 15 de novembro de 2023.
A proba foi esixente pero ó final foi unha experiencia deportiva única.
Grazas a todos por participar!!!
XOGOS DO MAGOSTO 2023
Celebramos o San Martiño cunha xornada de xogos o xoves 9 de novembro de 10:20h a 12:00h.
A actividade consistiu en 2 circuítos, un para Ed. Infantil e 1º de Primaria, e outro para 2º,3º,4º,5º e 6º de Primaria.
Pasámolo en grande! Ó remate comemos castañas !
Mirade o vídeo para recordalo.
mércores, 25 de outubro de 2023
NOVA VISITA DO CLUB HOCKEY BARROCÁS 2023
A semana do 16 ó 20 de outubro de 2023 visitáronnos Jaime e Manolo do Club Hockey Barrocás.
Fixeron unha sesión con cada curso de Educación Primaria para promocionar o seu deporte. Lembrade que a escola é os martes e venres ás 18h no campo de Mariñamansa.
Apuntádevos!!!
Grazas pola visita!!!
domingo, 25 de xuño de 2023
II CAMPIONATO DE DATCHBALL FIN DE CURSO
O día 22 de xuño, pola mañá, fixemos o II CAMPIONATO DE DATCHBALL no cole.
Antes do recreo 5º contra 6º e despois do recreo 3º contra 4º.
O máis importante foi pasalo ben e disfrutar, todos gañamos!!
Para celebralo, cada participante tivo un diploma conmemorativo.
sábado, 20 de maio de 2023
martes, 16 de maio de 2023
ANDAINA E BAILES EN SEIXALBO PARA CELEBRAR O DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2023!!!
Dar as grazas a todos/as os que fixeron posible este día, alumnos/as, mestres/as...e ó público que asistiu ó Parque da Infesta. E como non, ó pobo de Seixalbo que xunto coa asociación San Breixo estivo para todo o que precisamos e máis.
A foto co dron quedou espectacular!
Tamén saímos na prensa:
Para os que non asistiron e para que os participantes vos vexades de novo, deixovos as coreografías.














