luns, 17 de abril de 2023

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2023

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2023



O  vindeiro 26 de abril, o noso cole participa por segunda vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia para facer visible o valor desta materia.

Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.

Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo xuntándonos na Infesta onde terá lugar o acto (coreografías, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.

O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.

MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA INFESTA!!!

 

mércores, 12 de abril de 2023

ACTIVIDADE PROGRAMA XOGADE 2023: PROMOCIÓN ESCALADA

 O 14 de marzo, os alumnos/as de 3º curso de Primaria, foron ó Pavillón dos Remedios a realizar unha actividade de Escalada con monitores de Asesou e patrocinada polo programa Xogade.

Gozamos moito porque foi unha actividade innovadora e motivante. Os monitores estupendos e os nenos encantados.  Grazas pola invitación!! 

Deixamos unhas cantas fotos para o recordo.
















xoves, 2 de marzo de 2023

OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES XAQUÍN LOURENZO "XOCAS"


Despois de varios anos sen poder gozar deste obradoiro, o xoves 16 de febreiro, por fin, Lito volveu ao noso cole. Os alumnos/as de 6º curso tiveron unha sesión de 2h para coñecer  e xogar con el.

Coma sempre estivo moi divertido e os nenos/as xogaron á CHAVE, á RÁ e á PORCA.

Grazas por vir !!!!














 



domingo, 26 de febreiro de 2023

ACTIVIDADE PROGRAMA XOGADE 22/23:"XOGANDO AO ATLETISMO" BENXAMÍN

  •  O día 9 de febreiro de 2023 repetimos a actividade "Xogando ao atletismo" esta vez na categoría Benxamín, cos alumnos/as de 2º curso de Primaria. As probas foron as mesmas que na categoría alevín. Disfrutamos moito do día. Mirade o seguinte vídeo para recordalo. 


    



luns, 9 de xaneiro de 2023

ACTIVIDADE PROGRAMA XOGADE 22/23 : "CAMPO A TRAVÉS"

 O día 15 de decembro de 2022 asistimos o Campionato de Campo a Través do Programa Xogade. Foi nas instalacións de Monterrey. Estivo moi ben organizado. Participaron os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria nas categorías ALEVÍN E INFANTIL (masculino e feminino).

A proba foi bastante esixente pero mereceu a pena, unha experiencia para repetir!!!

Mira o vídeo para lembrar eses momentos.





domingo, 27 de novembro de 2022

ACTIVIDADE PROGRAMA XOGADE 22/23 : "XOGANDO AO ATLETISMO" ALEVÍN

 O día 24 de novembro en Expourense tivo lugar a actividade "Xogando ao Atletismo" dentro do Programa Xogade. Esta vez foi a competición na categoría alevín. Algunhas das probas foron:

-Carreira 10x10

-Lanzamento de vórtex.

-Salto horizontal.

-Salto lateral.

-Lanzamento de balón medicinal.

Ademáis, competimos en equipos de 5 por relevos.

Foi unha xornada fantástica, para comezar os alumnos/as de TAFAD fixeron unha coreografía para quentar con todos os participantes, logo as probas e ademáis tivemos unha visita moi especial, os xogadores do COB que se fixeron fotos con nós.

Pasámolo moi ben!











mércores, 16 de novembro de 2022

ACTIVIDADE XOGADE: VISITA CLUB HOCKEY BARROCÁS

 Do 26 ó 30 de setembro viñeron ó noso Centro o presidente e un xogador de División de Honor do club de Hockey Barrocás, para patrocinar o seu deporte cos escolares. Estivemos encantados e aprendimos moitas cousas. Pasámolo moi ben. Grazasssss.

Xa sabedes que entrenan os martes e venres de 18 a 19:30h no Campo de herba de Mariñamansa. Xa hai nenos/as apuntados, a qué esperades?