mércores, 29 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA



O Día Internacional da danza estableceuno a Unesco en 1982, elixiuse o 29 de abril por ser o nacemento de Jean Georges Noverre, innovador e estudioso deste arte, maestro e creador do baile moderno.


O obxectivo deste día é reunir a todos os que elixiron esta forma de expresión para superar todo tipo de barreiras culturais, políticas e éticas e celebrar a danza e a súa diversidade.


Como este ano non podemos celebralo fóra, con eventos ou festivais, celebrarémolo dentro da casa.


O mellor xeito de celebralo é simplemente bailando. Disfrutemos da danza e da música coa nosa familia. Tentemos bailar algo que xamais fixéramos antes, busquemos vídeos ou películas con baile...

Exemplo de películas como:

  • Brodway Melody (1929)
  • Funny Face (1957)
  • Danzando bajo la lluvia (1952)
  • Fiebre del Sábado Noche (1977)
  • Flashdance (1983)
  • Dirty Dancing (1987)
  • Billy Elliot (2000)
  • Cisne negro (2010)


 Os creadores trasladan a festa a Internet publicando vídeos de coreografías interpretadas dende as súas casas.

A Compañía Nacional de Danza non podía ser menos e fixo este vídeo para conmemorar o día.




Non deixedes nunca de soñar e de bailar!!!!!






domingo, 26 de abril de 2020

NOVOS EXERCICIOS POR CURSOS!

                              Olaaaa rapaces e rapazas!
Cómo estades?
Espero que moi ben xa que dende hoxe podedes saír un ratiño á rúa e facer algo máis de deporte. 


Estes días estiven cavilando e pensei en repasar a programación de cada curso e elixir aqueles estándares de aprendizaxe que se poden traballar na casa e proporvos algúns exercicios máis personalizados. Nas etiquetas do blog buscade a do voso curso e mirade a ver que vos parece.
Tamén me gustaría non perder o contacto así que, vos deixo o meu correo para que me mandedes calquera tipo de actividade que fagades mediante foto ou vídeo, propostas ou  si os vosos pais e nais precisan facer algunha consulta estou á vosa disposición.

martamarra@edu.xunta.es

Bótovos moitísimo de menos e estou desexando voltar ás nosas clases de Educación Física tan divertidas.

Moitos bicos e moitos ánimos!!! Xa queda menos!!




mércores, 15 de abril de 2020

REPASO BAILES ENTROIDO 2020

Imos lembrar momentos felices! Podedes repasar os bailes de Entroido que luciron tanto e aprender os dos outros cursos. Qué tempos aqueles!!!!

Baile 1º e 2º




Baile 3º e 4º





Bailes 5º e 6º





OCA ACTIVA

Ola a tod@s!  Hoxe propóñovos un xogo da Oca moi especial, foi diseñado por un antigo alumno do cole, Xavier Carballo Barja, a proposta da súa mestra de Educación Física neste momento tan especial. Moitas grazas por compartilo con nós Xavi!! 

É moi fácil de xogar, só tedes que ter un dado e unha ficha por participante. 
Espero que vos guste tanto coma a min! Un saúdo para tod@s!




domingo, 12 de abril de 2020

IOGA

Ola a tod@as de novo! Hoxe deixovos unhas posturas de Ioga moi fáciles para practicar na casa, tedes que imitar as posturas que aparecen nos debuxos. Boa sorte !!



venres, 10 de abril de 2020

A OCA DEPORTIVA EN FAMILIA



Seguimos na casa sen poder saír, hoxe propóñovos movernos e facer deporte en familia mediante esta Oca Deportiva , traballo compartido polo mestre Manuel Gómez.
Gozade xuntos !!! Eiquí tedes o taboleiro e as pistas para cada unha das casillas.





https://www.slideshare.net/ricardo2010colegio/la-oca-deportiva












xoves, 9 de abril de 2020

RETOS PARA CADA DÍA


O obxectivo deste entrada non é darvos máis información da que xa temos, pois é un continuo goteo de datos, consellos, propostas, recomendacións que vemos diariamente desde diferentes fontes de información como son os medios de comunicación, dispositivos dixitais, redes sociais, whatsapp...

O que quero é unir forzas para crear a mellor VACINA para derrotar ó virus canto antes e que todo volva á normalidade no menor tempo posible, para iso, temos que QUEDARNOS NA CASA, en familia. Dentro do noso fogar temos todos os recursos necesarios para seguir o noso plan de vida saudable e manternos en forma tanto física como mentalmente.

Realiza todo tipo de actividade física que poidas dentro da casa, se tes acceso a internet podes seguir unha clase virtual ou ver algún vídeo que che guste. Non descuides a saúde mental, polo que podes xogar ó xadrez, facer crebacabezas, resolver acertixos  ou problemas lóxico-matemáticos...

Propóñovos unha serie de retos diarios realizados por tres mestres de Educación Física para que o día a día se vos faga máis divertido e enriquecedor, por suposto son optativos.

A presentación divídese en diferentes apartados que teredes que realizar: MÓVETE (actividade física), CREA (reciclaxe e desenvolvemento sostible) e RETOS EN FAMILIA.









Espero que estas actividades vos axuden a pasar cun sorriso estes días na casa mentres nos mantemos activos e en forma mellorando a nosa saúde e compartindo tempo en familia.



Teño moitas ganas de vervos e bótovos moito de menos.


Biquiños virtuais para tod@s!