xoves, 21 de abril de 2022

MANIFESTO #DEFR

 

MANIFESTO #DEFR

Por unha Educación Física para toda a vida!

O día da Educación Física na rúa (DEFR) é unha xornada festiva e de convivencia para poñer en valor a Educación Física.

O alumnado e docentes saímos ás prazas, parques e rúas dos nosos pobos, cidades e comunidades para acercala a toda a cidadanía e mostrar ó conxunto da sociedade o que representa.

A Educación Física é unha materia que promove espazos de benestar e aprendizaxe mediante o movemento e as accións saudables, cívicas, participativas, cooperativas, inclusivas, emocionais, creativas e expresivas nas que o esforzo e a autonomía son fundamentais.

Por iso, podemos afirmar que aínda que a súa base sexa física, motriz e corporal, a súa esencia, é sen dúbida, educativa e social.

-       A Educación Física é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento integral e integrador do alumnado, que reporta beneficios físicos, psíquicos e sociais.

-       A Educación Física é un medio idóneo para fomentar estilos de vida activos e saudables para rachar os elevados índices de sedentarismo e obesidade.

-       A Educación Física ofrece un inmellorable escenario de aprendizaxe persoal, social e cultural que permite construír e desenvolver as actitudes e os valores necesarios para vivir e convivir en sociedade.

Por todo iso, afirmamos que a Educación Física debe ser un compoñente de primeira orde neste proceso de renovación educativa e pedagóxica que vive a escola na actualidade. E por iso seguiremos traballando, ata conseguir a súa presenza como ferramenta valiosa de transformación e cohesión social.

Viva a Educación  Física!!!

COREOGRAFÍA FINAL

 Dani preparou esta coreografía para bailar todos ao final do día da Educación Física na Rúa. A gozar e facer exercicio!!!

  #DEFR2022




mércores, 20 de abril de 2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2022

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2022

O  vindeiro 27 de abril, o noso cole participa por primeira vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia para facer visible o valor desta materia.

Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.

Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo xuntándonos na Infesta onde terá lugar o acto ( lectura do manifesto, coreografías, materiais reciclados, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.

O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.

MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS/AS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA INFESTA!!!


ATENCIÓN! APLAZADA  PARA O VENRES 29 DE ABRIL DE 2022 POLO MAL TEMPO




luns, 4 de abril de 2022

"Xogando co atletismo"

 O 19 de novembro de 2021 fomos a Expourense a facer unha actividade polo programa Xogade chamada "Xogando co atletismo". Asistiron os nenos/as de 4º de Ed. Primaria. Competiron por equipos de 5 participantes. Fixeron probas de carreira, lanzamento de xavelina , triplo salto, lanzamento de balón medicinal e salto lateral de obstáculo baixo. Ademáis dun circuito por relevos chamado Grand Prix.

Pasámolo moi ben! 

Logo repetimos na fase provincial o día 17 de marzo de 2022.

A pista espectacular!! Estivo moi ben organizada e foi moi divertido.

Grazas a todos os que o fixeron posible.

Deixovos un video para que nos quede na lembranza.