Damos por rematado o curso 2024-2025, esperamos que o pasárades ben, e agora veñen as vacacións!!!
Disfrutade moito e lembrade facer exercicio físico tamén.
Vémonos en setembro!!!!
Damos por rematado o curso 2024-2025, esperamos que o pasárades ben, e agora veñen as vacacións!!!
Disfrutade moito e lembrade facer exercicio físico tamén.
Nas dúas últimas semanas de curso, fixemos figuras de ACROSPORT na clase. O alumnado de 3º a 6º de Primaria puxeron moitas ganas e entusiasmo.
Noraboa a todos/as!!!!
Ó longo do curso, o alumnado de Proxecto Competencial de 5º de Primaria traballou sobre os XOGOS OLÍMPICOS. Un tema que deu moito de sí. Aprenderon moitas cousas é, ó final, fixeron uns murais sobre deportes chulísimos.
GRAZAS polo voso traballo!
Este ano participamos no programa on-line "Niña y deporte" , organizado pola área de deportes da Deputación de Ourense e a empresa Gesto Deportivo.
Na plataforma on-line propuxéronnos actividades para a promoción da igualdade de xénero no deporte.
Nós levámolo a cabo co alumnado de 6º curso.
Foi un recurso moi valioso con actividades moi dinámicas e motivadoras: vídeos para comentar, enquisas, debates, teatro, actividades deportivas...
Fixemos algunhas delas, por falta de tempo, non todas.
Esperemos que o ano que ven sigan estas iniciativas.
Grazas!!!