mércores, 26 de marzo de 2025

CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2025


 O  vindeiro 10 de abril, o noso cole participa por cuarta vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha xornada festiva e de convivencia para facer visible o valor desta materia, este ano temos como convidados ó alumnado de 1º ESO da Universidade Laboral que nos acompañarán neste evento.

Este ano o lema é “Educación Física unha poderosa ferramenta de inclusión” que se centrará na colaboración con Special Olimpics España e busca non só tamén fomentar a participación activa de persoas con discapacidade intelectual se non concienciar a toda a sociedade de crear entornos normalizados onde todos se beneficien do exercicio físico.

Terá lugar no Parque da Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.

Ese día, todo o alumnado e os seus mestres baixaremos camiñando ao pobo, xuntándonos na Infesta co alumnado de 1º ESO da Universidade Laboral e as súas mestras, onde terá lugar o acto (coreografías, xogos, promoción do exercicio físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.

O alumnado virá vestido con pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.

MOI IMPORTANTE: ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA INFESTA!!!



mércores, 19 de marzo de 2025

PROGRAMA XOGADE 2024-2025: XOGANDO AO ATLETISMO BENXAMÍN

 O pasado 26 de febreiro acudimos a Expourense para participar na actividade deportiva de "Xogando ao atletismo" onde os nosos nenos de 2º de Primaria realizaron unha morea de actividades para coñecer e iniciarse en diferentes disciplinas do atletismo.