venres, 8 de decembro de 2023
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: XOGANDO AO ATLETISMO ALEVÍN
luns, 27 de novembro de 2023
PROGRAMA XOGADE 2023-2024: CROSS EN MONTERREY
Os alumnos/as de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron na fase previa de Cross en Monterrey (Pereiro de Aguiar) os días 14 e 15 de novembro de 2023.
A proba foi esixente pero ó final foi unha experiencia deportiva única.
Grazas a todos por participar!!!
XOGOS DO MAGOSTO 2023
Celebramos o San Martiño cunha xornada de xogos o xoves 9 de novembro de 10:20h a 12:00h.
A actividade consistiu en 2 circuítos, un para Ed. Infantil e 1º de Primaria, e outro para 2º,3º,4º,5º e 6º de Primaria.
Pasámolo en grande! Ó remate comemos castañas !
Mirade o vídeo para recordalo.
mércores, 25 de outubro de 2023
NOVA VISITA DO CLUB HOCKEY BARROCÁS 2023
A semana do 16 ó 20 de outubro de 2023 visitáronnos Jaime e Manolo do Club Hockey Barrocás.
Fixeron unha sesión con cada curso de Educación Primaria para promocionar o seu deporte. Lembrade que a escola é os martes e venres ás 18h no campo de Mariñamansa.
Apuntádevos!!!
Grazas pola visita!!!
domingo, 25 de xuño de 2023
II CAMPIONATO DE DATCHBALL FIN DE CURSO
O día 22 de xuño, pola mañá, fixemos o II CAMPIONATO DE DATCHBALL no cole.
Antes do recreo 5º contra 6º e despois do recreo 3º contra 4º.
O máis importante foi pasalo ben e disfrutar, todos gañamos!!
Para celebralo, cada participante tivo un diploma conmemorativo.
sábado, 20 de maio de 2023
martes, 16 de maio de 2023
ANDAINA E BAILES EN SEIXALBO PARA CELEBRAR O DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2023!!!
Dar as grazas a todos/as os que fixeron posible este día, alumnos/as, mestres/as...e ó público que asistiu ó Parque da Infesta. E como non, ó pobo de Seixalbo que xunto coa asociación San Breixo estivo para todo o que precisamos e máis.
A foto co dron quedou espectacular!
Tamén saímos na prensa:
Para os que non asistiron e para que os participantes vos vexades de novo, deixovos as coreografías.
luns, 17 de abril de 2023
CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA 2023
CELEBRACIÓN DO DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA
2023
O vindeiro 26 de abril, o noso cole participa
por segunda vez na celebración do “DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA”, unha
xornada festiva e de convivencia para facer visible o valor desta materia.
Terá lugar no Parque da
Infesta do pobo de Seixalbo ás 12h.
Ese día, todo o alumnado e os
seus mestres baixaremos camiñando ao pobo xuntándonos na Infesta onde terá
lugar o acto (coreografías, promoción do exercicio
físico…) que durará sobre unha hora e logo voltaremos andando tamén.
O alumnado virá vestido con
pantalón negro cómodo, camiseta branca e deportivos, a modo de uniforme.
MOI IMPORTANTE: ESTADES
TODOS/AS CONVIDADOS COMO PÚBLICO!!!! VÉMONOS ÁS 12H NA INFESTA!!!
mércores, 12 de abril de 2023
ACTIVIDADE PROGRAMA XOGADE 2023: PROMOCIÓN ESCALADA
O 14 de marzo, os alumnos/as de 3º curso de Primaria, foron ó Pavillón dos Remedios a realizar unha actividade de Escalada con monitores de Asesou e patrocinada polo programa Xogade.
Gozamos moito porque foi unha actividade innovadora e motivante. Os monitores estupendos e os nenos encantados. Grazas pola invitación!!
Deixamos unhas cantas fotos para o recordo.
xoves, 2 de marzo de 2023
OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES XAQUÍN LOURENZO "XOCAS"
Despois de varios anos sen poder gozar deste obradoiro, o xoves 16 de febreiro, por fin, Lito volveu ao noso cole. Os alumnos/as de 6º curso tiveron unha sesión de 2h para coñecer e xogar con el.
Coma sempre estivo moi divertido e os nenos/as xogaron á CHAVE, á RÁ e á PORCA.
Grazas por vir !!!!
domingo, 26 de febreiro de 2023
ACTIVIDADE PROGRAMA XOGADE 22/23:"XOGANDO AO ATLETISMO" BENXAMÍN
- O día 9 de febreiro de 2023 repetimos a actividade "Xogando ao atletismo" esta vez na categoría Benxamín, cos alumnos/as de 2º curso de Primaria. As probas foron as mesmas que na categoría alevín. Disfrutamos moito do día. Mirade o seguinte vídeo para recordalo.
luns, 9 de xaneiro de 2023
ACTIVIDADE PROGRAMA XOGADE 22/23 : "CAMPO A TRAVÉS"
O día 15 de decembro de 2022 asistimos o Campionato de Campo a Través do Programa Xogade. Foi nas instalacións de Monterrey. Estivo moi ben organizado. Participaron os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria nas categorías ALEVÍN E INFANTIL (masculino e feminino).
A proba foi bastante esixente pero mereceu a pena, unha experiencia para repetir!!!
Mira o vídeo para lembrar eses momentos.