luns, 22 de xuño de 2020

Reflexión pandemia COVID-19



Quero deixar constancia da miña pequena reflexión sobre a Pandemia do COVID-19. O primeiro dar as grazas á maioría dos alumnos/as por implicarse nas tarefas e valorar o meu esforzo.
Creo que este virus nos pillou por sorpresa a todos e nunca poderíamos imaxinar o que ía acontecer. O mundo non estaba preparado para loitar contra unha pandemia deste tipo, nin estruturalmente, nin psicoloxicamente, nin economicamente. Pero dentro destas adversidades temos que sacar cousas positivas xa que as negativas xa nolas contan todos os días.
Unha desas cousas é que nos decatamos da importancia e da necesidade de realizar Educación Física. Este encerro serviu para que moita xente empece a facer exercicio para atoparse mellor física e mentalmente.
A Educación Física é algo imprescindible nas nosas vidas, aínda que estivo sempre infravalorada como unha materia fácil de aprobar e que non era moi necesaria.
A Educación Física é totalmente necesaria na escola, tan importante como as matemáticas ou o inglés...porque facer que un alumno/a o día de mañá teña hábitos saudables e valores e tan ou máis importante que saber facer operacións ou aprender un idioma estranxeiro.
Ademais fainos adquirir uns valores moi importantes como son a constancia, a perseveranza, a capacidade de esforzo, o traballo en equipo...tan útiles  na vida adulta futura.
Por iso me gusta tanto a miña profesión!!!!!

Espero que dentro duns anos isto sexa unha anécdota que contar e que vaia todo ben.

 fELIZ VERÁN A TOD@S!!!

xoves, 18 de xuño de 2020

FIN DE CURSO

Ola a tod@s!!!!
Despois dun curso tan atípico chega o fin de curso, quería desexarvos unhas felices vacacións e que podamos volver en setembro con todas as forzas. Moitos bicos a tod@s e sede felices que é o máis importante. Quérovos moito.