XLVIII CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO
El plazo de inscripción FINALIZA EL 17 DE OCTUBRE A LAS 22:00 HORAS
Pueden participar todos los niños/as nacidos entre el 2008 y el 2017 y del 2018 en adelante en la CARRERA INCLUSIVA
"Traballamos mellor en equipo"
XLVIII CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO
El plazo de inscripción FINALIZA EL 17 DE OCTUBRE A LAS 22:00 HORAS
Pueden participar todos los niños/as nacidos entre el 2008 y el 2017 y del 2018 en adelante en la CARRERA INCLUSIVA
Ola rapaces e rapazas!
Un novo curso comeza e temos que celebralo!
Espero disfrutedes moito das clases de Educación Física!!
Damos por rematado o curso 2024-2025, esperamos que o pasárades ben, e agora veñen as vacacións!!!
Disfrutade moito e lembrade facer exercicio físico tamén.
Nas dúas últimas semanas de curso, fixemos figuras de ACROSPORT na clase. O alumnado de 3º a 6º de Primaria puxeron moitas ganas e entusiasmo.
Noraboa a todos/as!!!!
Ó longo do curso, o alumnado de Proxecto Competencial de 5º de Primaria traballou sobre os XOGOS OLÍMPICOS. Un tema que deu moito de sí. Aprenderon moitas cousas é, ó final, fixeron uns murais sobre deportes chulísimos.
GRAZAS polo voso traballo!
Este ano participamos no programa on-line "Niña y deporte" , organizado pola área de deportes da Deputación de Ourense e a empresa Gesto Deportivo.
Na plataforma on-line propuxéronnos actividades para a promoción da igualdade de xénero no deporte.
Nós levámolo a cabo co alumnado de 6º curso.
Foi un recurso moi valioso con actividades moi dinámicas e motivadoras: vídeos para comentar, enquisas, debates, teatro, actividades deportivas...
Fixemos algunhas delas, por falta de tempo, non todas.
Esperemos que o ano que ven sigan estas iniciativas.
Grazas!!!

O día 22 de maio de 2025 ao alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria convidáronos a Expourense co motivo dunha xornada de Hockey no marco do evento SPORTUR.
Fixeron unhas actividades e partidos de hockey e logo deron unha volta por SPORTUR onde disfrutaron de diferentes actividades como bádminton, patinaxe, ximnasia rítmica, circuitos con bicis...ademais déronnos un agasallo chulísimo, unha camiseta!!!
Grazas!